Deputación de Lugo

Gómez Besteiro clausura as V Xornadas Xurídicas de Sarria nas que participaron unhas 250 persoas

A Deputación colabora por quinto ano consecutivo na organización do foro que, nesta edición, contou con 9 prestixiosos xuristas, e que se consolida como o epicentro do mundo xurídico de España Os profesionais, 4 deles maxistrados do Tribunal Supremo, disertaron sobre o Dereito de Familia, xa que tal e como subliñou o Presidente “quizás esta ha sido la institución que más ha cambiado o evolucionado en los últimos 30 años en la sociedad española”

O Presidente da Deputación en funcións, José Ramón Gómez Besteiro, clausurou este sábado as V Xornadas Xurídicas que, por quinto ano consecutivo, organizou o municipio sarriano, en colaboración co Foro Xurídico Diego Pazos, e que reuniron na vila a unhas 250 persoas, entre conferenciantes e público asistente. Gómez Besteiro amosou a súa satisfacción por participar na iniciativa, xa que o organismo que preside apoiou este foro dende o seu incio. Deste xeito, o Presidente destacou o traballo realizado polo Alcalde en funcións, Claudio Garrido, “ya que en tan sólo cinco ediciones, ha conseguido que las jornadas alcanzasen un alto prestigio en el mundo jurídico, tanto por interés de los temas que se abordan como el primerísimo nivel de sus participantes. La Diputación no ha querido faltar un año más a esta cita en la que, además de analizar cuestiones que nos afectan directamente, da a conocer lo mucho y lo bueno que ofrece Lugo y pone en valor el trabajo que llevan a cabo nuestros Ayuntamientos”.

Nesta ocasión, o foro xirou entorno ó dereito da familia e á nulidade, separación e divorcio matrimonial. En total, nove xuristas, catro deles maxistrados do Tribunal Supremo, interviron nas Xornadas, que abriu o venres o Presidente do Tribunal Constitucional, Pascual Sala, quen xa acudiu ás castro edicións anteriores como relator ou invitado. A este respecto, o titular provincial subliñou que “en tan solo 30 años hemos pasado de un modelo rígido e impuesto en el que la familia era el matrimonio o no había familia, a una situación en la que son varias las formas de convivencia aceptadas. Y esto, creo sinceramente que es necesario proclamarlo, es un proceso cultural propio de nuestra democracia. Sin libertad no hay sujeto cuando menos desde el punto de vista de nuestra civilización. Sin autonomía da la voluntad, sin autodeterminación personal no hay individuo, non hay ciudadano”.

Neste último día do encontro, a organización aproveitou para facer unha homenaxe ó xurista sarriano recén falecido, Antonio Díaz Fuentes, que será galardoado proximamente pola Asociación de Xuristas Galegos. Neste senso, o maxistrado emérito Román García Varela quixo destacar algunhas das súas publicacións como os comentarios sobre Dereito Civil ou “Un gallego en la corte del rei”. Asimesmo, subliñou o traballo realizado en materias como a División da Herencia e Réxime Matrimonial.

Durante a xornada de hoxe, tamén se celebraron dúas conferencias: unha sobre “Problemas do dereito de familia no ámbito nacional e internacional dende o punto de vista da fiscalía”, a cargo do fiscal xefe de sala do TS, José María Paz Rubio, e outra sobre “Aspectos procesais do procedemento da liquidación da sociedade de gananciais: artigos 810 e 811 da Lei de Enxuizamento Civil”, que ofreceu Francisco Javier Menéndez Estébanez, presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Asimesmo, no día de onte, celebrouse a conferencia sobre a xurisprudencia relacionada co divorcio, que correu a cargo da maxistrada do Tribunal Supremo (TS) Encarnación Roca Tris, e unha mesa redonda na que Joaquín Jiménez García, maxistrado do TS, disertou sobre a “A Violencia de xénero e o divorcio”; Julio César Picatoste Bobillo, maxistrado da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, abordou a garda e custodia dos fillos menores de idade; o maxistrado Rafael Gimeno-Bayón Cobos, tratou o divorcio no matrimonio homosexual e a ruptura nas parellas de feito; e Domingo Bello Janeiro, catedrático de Dereito Civil da Universidade da Coruña, impartiu a conferencia sobre a pensión compensatoria.