Deputación de Lugo

A Deputación reparte máis dun cento de marquesiñas na provincia que substitúen ás actuais con máis de 20 anos

O actual equipo de goberno dá resposta así ás numerosas peticións formuladas polos veciños. A instalación depende dos Concellos, quenes determinarán tamén o lugar no que se situarán Son as primeiras 125 marquesiñas de madeira da provincia, o material máis aconsellado polos expertos, xa que garante a súa calidade e a súa durabilidade co paso dos anosEsta nova liña de cooperación, coa que a Deputación solventa unha das necesidades máis demandadas na provincia, supón un aforro no gasto corrente dos Concellos, xa que o organismo provincial asume a adquisición, aliviando deste custe ás arcas municipais

Todos os Concellos da provincia, agás o de Taboada, retiraron as marquesiñas que adquiriu a Deputación en resposta ás numerosas peticións realizadas polos veciños e polos Alcaldes dos 39 municipios que se adheriron a esta iniciativa impulsada polo organismo provincial. Esta é unha nova liña de cooperación que puxo en marcha o actual equipo de goberno, xa que as actuais presentan deficiencias e son practicamente inutilizables. Tal e así, que moitas destas infraestruturas contan con máis de 20 anos de existencia e nunca antes foran substituídas.

En total, nesta primeira tandada, a Deputación adquiriu 125 marquesiñas. A colocación corresponde ós Concellos, quenes determinarán tamén o lugar no que se situarán. A iniciativa está destinada a todos os municipios agás o de Lugo por ser que conta co maior número de habitantes e con máis posibilidades orzamentarias. Neste senso, supón un aforro no gasto corrente dos Concellos, xa que o organismo provincial asume a adquisición, aliviando deste custe ás arcas municipais.

Calidade e durabilidade

Son as primeiras marquesiñas de madeira que se instalan na provincia. A Deputación optou por este material porque é un dos máis aconsellables polos expertos, xa que resiste perfectamente a auga e soporta axeitadamente outras inclemenencias do tempo, máis habituais na época de inverno.

Ademais, as novas infraestruturas están realizadas de tal xeito que están preparadas para estar á intemperie máis de 10 anos sen ter que realizar ningún tipo de reparación. Neste senso, a parte de ter unha maior durabilidade, a súa capacidade tamén é maior con respecto ás existentes. Miden 2,60 metros de longo por 1,45 de ancho, de forma que poden ser empregadas por máis de 5 persoas á vez.

Distribución nos Concellos

En total, foron 39 Concellos os que se sumaron á iniciativa, que supuxo un investimento para o organismo provincial de 215.760 euros. Para a asignación das mesmas tivéronse en conta o número de habitantes, as necesidades dos Concellos e a seguridade vial. Neste senso, destináronse 2 ós Concellos que non superan os 3.000 veciños; 4 ós que teñen entre 3.000 e 6.000; e 6 ós que superan a cifra anterior. Asimesmo, para a instalación priorizarase as vías da rede viaria provincia e a ubicación en espazos públicos urbanos.

Segundo estes criterios, a distribución quedou do seguinte xeito: Abadín (2), Alfoz (2), Baralla (2), Becerreá (4), Begonte (4), Bóveda (2), Castroverde (2), Cervantes (2), Cervo (3), Chantada (5), Foz (6), Guitiriz (5), Meira (3), Monforte de Lemos (5), Monterroso (6), Navia de Suarna (3), Negueira de Muñiz (2), Ourol (3), Palas de Rei (4), Pantón (3), Paradela (2), A Pastoriza (5), Pedrafita do Cebreiro (3), Pobra do Brollón (2), Pol (2), A Pontenova (2), Portomarín (3), Quiroga (4), Rábade (2), Ribadeo (3), Ribas de Sil (3), Riotorto (3), Sarria (5), Sober (2), Taboada (4), O Valadouro (3), O Vicedo (2), Viveiro (5), e Xermade (2). En total, estes municipios realizaron 246 peticións.