Deputación de Lugo

A Deputación mellora o equipamento de traballo da Granxa Gayoso Castro

O Deputado de Economía Rural e do Mar recibe nas instalacións chairegas un tractor, dotado de 38.000 euros, que substituirá a un modelo semellante obsoleto pola antigüidadeA institución emprega esta maquinaria para levar a cabo as tarefas de mantemento e coidado dos 530 animais que acolle o centro chairego na actualidadeUnhas 400 son rubia galega, 80 frisona, 40 cachona e 10 limusín, exemplares que se están a mellorar xeneticamente para impulsar o sector primario da provincia

O Deputado de Economía Rural e do Mar, José Fernández, recibiu este xoves o novo vehículo que vén de adquirir o organismo provincial para levar a cabo os traballos diarios que se desenvolven nas instalacións da Granxa Gayoso Castro. Trátase dun tractor no que a institución investiu 38.000 euros que substituirá a un modelo semellante que se atopa obsoleto debido a súa antigüidade. Recentemente, a Deputación tamén modernizou un carro de alimentación. O obxectivo destas melloras enmárcase dentro da aposta por converter dito centro chairego nun referente no ámbito da investigación en prol do desenvolvemento do sector primario da provincia.

Deste xeito, dita maquinaria, xunto a outros 7 tractores de diferente envergadura, empacadoras, presas....-vehículos habituais dunha explotación- empregase para atender ós 530 animais que acolle a Granxa Gayoso Castro na actualidade. Unhas 400 son de raza rubia galega. Son as cabezas que a ACRUGA merca primeiro ós gandeiros lucenses e logo deposita na Granxa, logrando a mellora xenética da raza, así como a súa expansión ó vender estes exemplares lucenses posteriormente por diferentes puntos de España.

Esta actividade é froito dun convenio asinado hai 4 anos que converteu a de Lugo na 1º Deputación de Galicia e na 1º administración en España que ten unha colaboración desta índole. Dende a súa posta en marcha, estase a crear un rabaño de elite, que pasou das 52 reses en 2007 ás 400 na actualidade. Para elo, a reprodución das novillas basease na inseminación artificial cos mellores toro do mercado, empregando a monta natural excepcionalmente naqueles casos das vacas que teñen problemas de fertilidade.

A maiores dos exemplares de rubia galega, a Granxa acolle 40 cabezas de cachona, unha especie en perigo de extinción que está a manter e potenciar a Deputación; 10 de limusín que serven de escaparate para os interesados nesta especie; mentres as restantes son frisona, especie que tamén se está a mellora xeneticamente mediante a manipulación e o implante de embrións.