Deputación de Lugo

A Deputacion solicitou ata en 5 ocasións nos dous últimos anos o apoio da Xunta para o Centro de Recría sen obter resposta

Martínez e Fernández denuncian que Medio Rural gaste os cartos públicos en pequenos centros privados, cando aínda non puxo nin un só euro para o primeiro Centro de Recría público de gando en España, que o organismo provincial constrúe na Granxa Gayoso CastroCo financiamento deste proxecto garantizado polo goberno provincial, a Deputación suple unha vez máis á administración autonómica “que nunca ten cartos para Lugo”, a pesar de ter as competencias directas do medio rural en GaliciaOs responsables provinciais subliñan que o “boicot” da Xunta non só é económico senón que retrasou un ano o inicio das obras desta infraestrutura, o proxecto máis revolucionario levado a cabo nas últimas décadas no campo galego

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, e o Deputado de Economía Rural e do Mar, José Fernández, denunciaron este martes publicamente que a Deputación solicitou por escrito a Feijóo ata en 5 ocasións o apoio da Xunta de Galicia, a administración con competencias directas en medio rural, para financiar o primeiro Centro publico de Recría Público de gando en España que o organismo provincial esta a construír na Granxa Gayoso Castro sen obter ningún tipo de resposta, demostrando que os intereses de Lugo e o sector agrogandeiro non son unha prioridade para o Executivo galego dende que Feijóo ocupa a súa presidencia. Os dous responsables provinciais respostaban así ás declaracións realizadas no día de onte polo Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juarez, na visita realizada a un pequeno centro de recría privado de Pantón que, a diferenza do que esta a acontecer co da Deputación, sí que conta co apoio económico da administración autonómica, e nas que afirma que o reclamo da Deputación se debe a fins puramente políticos.

Neste senso, Manuel Martínez subliñou que “cremos que nesta visita, unha vez máis, o Conselleiro defraudou á provincia, á cooperación institucional e tamén ós gandeiros lucenses. Estamos ante un goberno que dende que chegou á Xunta segue mentindo, manipulando e tergiversando. É unha falta de respeto a todos os gandeiros de Lugo que o Conselleiro veña unha vez máis a unha provincia para financiar agora con cartos públicos un dos centros de recría privados da provincia e, pola contra, non sexa capaz de poñer nin un só euro para o 1º Centro púbico de Recría de gando de España, e iso que a Xunta de Galicia é a admiministración que ten competencias directas en medio rural, por tanto, o organismo de impulsar todos aqueles proxectos que permitan impulsar o sector agrogandeiro”.

A este respecto, o Deputado provincial criticou que “a Xunta nunca ten cartos para Lugo, pero sen embargo si que os ten para facer Cidades da Cultura ou para viaxar a México e inaugurar oficinas no exterior. O mesmo Conselleiro ó que todas as coooperativas lle pediron apoio para crear o gran grupo lácteo galego e que tamén mirou para outro lado naquel momento, volta repetir o seu desprezo ós gandeiros lucenses coa recría. Ó Partido Popular todo o que lle ula a público en servizos sociais, en sanidade, en educación, e agora en gandeiría, trata de tumbalo. A iniciativa da Deputación é un proxecto que había que apoiar cos ollos pechados”.

2 anos intentándoo

Os Deputados explicaron que o organismo provincial leva dous anos intentando obter a colaboración do Executivo Galego para o que é o proxecto máis revolucionario levado a cabo nas últimas décadas en Galicia. A primeira, na reunión que o Presidente da Deputación mantivo con Feijóo o 20 de novembro de 2009 e na que lle fixo chegar un amplo dossier coas necesidades da provincia, incluído o Centro de Recría para o seu co-financiamento.

Ante a falta de resposta, enviáronselle outras 2 cartas sen resposta: 23 de novembro de 2009 e 10 de decembro do mismo ano. “Nunca contestaron como tampouco o fixeron ás cartas envidas o pasado 5 de xullo de 2011 e o 16 de setembro deste ano, cando o Presidente da Deputación invitou persoalmente a Núñez Feijóo a visitar as obras e coñecer a súa magnitude in situ”, destacou Martínez.

Suplir a Xunta e “boicot”

Ante a falta de apoio por parte do Goberno Galego ó sector agrogandeiro, a Deputación de Lugo, coas obras do Centro de Recría, suple unha vez máis á Xunta de Galicia, “que nunca ten cartos para Lugo”. Neste senso, o voceiro do equipo de goberno lembrou que, tal e como xa dixo o Presidente da Deputación en varias ocasións, “a vaca é para Lugo o que Citroën para Vigo. Os datos demostran o peso que ten este sector para a provincia: só aquí temos o 40% das explotacións leiteiras de Galicia. É dicir, das 13.340 explotacións que existen na Comunidade, 5.195 situánse en Lugo”.

Logo da petición do Conselleiro de que o organismo provincial remate as obras canto antes, Martínez destacou que “é indignante escoitar como o Conselleiro, con competencias directas na materia, esixe isto a Deputación, cando son perfectamente coñecedores de que non puidemos executar antes as obras debido ó boicot da Xunta de Galicia, xa non só boicot económico senón na tramitación do expediente. É dicir, non pon un peso, non colabora, levan poñendo trabas dous anos e, agora, esixen que o fagamos cando a eles lle pareza ben”.

En primeiro lugar, lembrou que cando o actual equipo de goberno chegou a Deputación en 2007 atopouse con que o PP mantivo durante máis de dúas décadas unhas instalacións ilegais, xa que ademais de non ter licenza de actividade, nin sequera estaban recoñecidas como explotación gandeira. “Por suposto, hoxe temos esta situación perfectamente legalizada co Concello”, sentenciou.

Superada esta fase, en 2009 comezáronse a recabar apoios para a construción do Centro de Recría, un proceso que o Executivo Galego se encargou de paralizar, retrasando durante máis dun ano a concesión da declaración de impacto medioambiental, documento imprescindible non só para iniciar os traballos senón para que a obra sexa legal.

“Centro si ou si, con axuda ou non da Xunta”

Ante a posibilidade de calquera dúbida sobre a construción do Centro, o Deputado de Economía Rural deixou claro que “a Deputación fará o Centro si ou si, con axuda ou non da Xunta de Galicia”. Neste senso, sinalou que a maior proba de que esta infraestrutura é unha realidade é que non só se iniciaron os traballos, senón que se conseguiron adiantar os prazos para que as 13 naves estén rematadas en febreiro. “O Partido Popular do señor Barreiro terá que dar explicacións de porque despois de solicitar ata en 5 veces unha entrevista dende 2009 segue facendo caso omiso neste asunto e dándolle a espalda ós nosos gandeiros. Reclamar o apoio da Xunta non é un motivo electoral como di o Conselleiro, levamos dous anos facéndoo. O que necesitan os lucenses e os galegos é un goberno con altura de miras e que se deixe de tanta miopía e minifundismo político”.

A este respecto, José Fernández destacou que “a estas alturas ó Goberno Galego non está nin se lle espera. Non só non apoia o Centro de Recría senón que tampouco o fixo hai dous anos coa alternativa proposta polas cooperativas agrarias galegas para adquirir a fábrica de Pascual e recuperar a súa plena actividade empresarial e comercial, nin tampouco o está a facer agora con Alimentos Lácteos no que a Xunta segue sen posicionarse”.