Deputación de Lugo

Deputación e Concello de Lugo poñen en servizo mañá a praza de San Marcos mellorada con fondos europeos

Imaxe deputación de lugo
Presidente e Alcalde inaugurarán o espazo público rehabilitado co Plan Urban, proxecto no ambas as dúas administracións investiron 1,2 millón de euros, aproveitando a visita á capital de centos de persoas con motivo do Congreso Mundial do XamónA Praza de San Marcos estrearase sendo escenario dunha das actividades principais do encontro: o show cooking, espectáculo que se estenderá ós xardíns do Pazo Provincial, espazo público mellorado e aberto á cidadanía por 1º vez na súa historia tamén co Urban

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañados doutras autoridades, inaugurarán mañá a Praza de San Marcos da capital que vén de ser mellorada con fondos da Unión Europea, concedidos na anterior convocatoria do Ministerio de Política Territorial para a execución do Plan Urban. Trátase do proxecto que busca “humanizar a cidade” no que, só de xeito conxunto, Deputación e Concello lugués investiron 1,2 millóns de euros.

Ambas as dúas administracións aproveitan a visita de centos de persoas á capital con motivo da celebración da sexta edición do Congreso Mundial do Xamón para pór en servizo este espazo público. E é que persoas chegadas de todo o mundo, entre eles destacados especialistas deste produto no ámbito internacional, participarán neste encontro gastrómico.

O Praza de San Marcos estrarase sendo escenario dunha das actividades máis relevantes do Congreso: o show cooking, o espectáculo que arrancará ás 17:00 horas e que inclúe, simultaneamente, demostracións en vivo de pratos con carne de porco celta e degustacións de xamón e outros produtos. O show cooking estenderase ademais, a outras das zonas melloras e abertas ó publico por primeira vez na súa historia co Plan Urban : os xardíns da Deputación.

Logo da rehabilitación da Praza de San Marcos, a peonalización e adecuación da mesma, ademais da apertura á cidadanía dos xardíns posteriores do Pazo provincial, Deputación e Concello logran incrementar a calidade dos servizos públicos ós veciños, feito que queda demostrado co Congreso Mundial do Xamón.

Máis actividades durante o Congreso
As actividades do encontro gastronómico arrincarán xa ás 9:00 horas da maña cunha das rutas especiais de Km0 que deseñou o organismo provincial para os poñentes e acompañantes dos mesmos, co obxectivo de potenciar ó exterior a riqueza da provincia. Mañá visitará a Mariña, para o xoves e o venres acudir á Montaña e a Ribeira Sacra, respectivamente. Logo do acto de inauguración da Praza de San Marcos ás 19:30 horas, o Pazo Provincial será escenario da presentarase da Guía Gastronómica Secreta Lucense. A continuación, o Gómez Besteiro recibirá primeiro ó grupo de compras e logo ós congresistas do evento.

Asimesmo, dende a Fundación TIC, a Deputación tamén apoiará a celebración coa difusión de todas as actividades que inclúe o Congreso mediante un DVD.