Deputación de Lugo

Besteiro salienta que os Ministerios de Sanidade e Facenda confirman a falsedade das acusacións a José Blanco

Imaxe deputación de lugo
Os departamentos do Goberno Central desvelaron que as peticións de Dorribo foron rexeitadas, feito que desvincula de xeito total ó Ministro de Fomento da Operación CampeónAs únicas subvencións confirmadas que recibiu Dorribo foron outorgadas en abril de 2011 polo Igape, departamento da Xunta de Galicia O Presidente subliñou que “a honaribilidade de Blanco queda fóra de dúbida algunha. Pasará á historia como o Ministro que máis investiu en Lugo e en Galicia. Queda demostrado, que os que tentan empañar isto non o van a lograr”

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, salientou este xoves que logo de coñecer que os Ministerios de Sanidade e Facenda non concederon ningunha axuda ó empresario Jorge Dorribo confírmase a falsedade das acusacións ó Ministro de Fomento, José Blanco, ó respecto da Operación Campeón.

Segundo publicou el diario El Mundo, o empresario lucense subornou a Blanco para conseguir axudas de ditos departamentos do Goberno Central. Tanto Sanidade como Facenda desvelaron que as peticións de Dorribo foron rexeitadas, feito que desvincula de xeito total ó Ministro de Fomento deste caso. As únicas subvencións confirmadas que recibiu o empresario lucense concedeunas este ano o Igape, departamento da Xunta.

Besteiro subliñou ademais que, tendo en conta o anterior e que o Ministro de Fomento xa iniciou accións legais, penais e civís contra Dorribo, “a honaribilidade de Blanco queda fóra de dúbida algunha”. Neste senso, quixo reiterar “a miña total e absoluta confianza no meu compañeiro José Blanco que pasará á historia como o Ministro que máis investiu en Lugo e en Galicia nos poucos máis de 2 anos que leva á fronte de Fomento. Queda demostrado que os que tentan empañar isto non o van a lograr”.