Deputación de Lugo

Constituídos os órganos de representación sindical da Deputación

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, felicitou ós novos membros dos órganos de representación sindical da institución provincial logo de que hoxe se aprobase definitivamente o seu nombramento.

Logo de que UXT gañase por maioría absoluta as eleccións sindicais do pasado mes de xuño, obtendo 5 delegados no Comité de Empresa fronte ós 3 de CC.OO e 1 de CISF, así como 8 delegados na Xunta de persoal mentres que CCOO sacou 2 e CIG 1, os representantes de ditos órganos sindicais son:

COMITE DE EMPRESA: José Domínguez Fernández foi elixido de novo Presidente mentres que Humberto Paz Rodríguez tamén resultou outra vez Secretario. Para elo, contaron con votos a favor do sindicato ó que representan, UXT, ademais do de CSIF, e a abstención de CC.OO. (6 votos a favor e 3 abstencións).

XUNTA DE PERSOAL: neste caso, Ana María Abel Longarela é a nova Presidenta en substitución de Manuel Abelleira, mentes que Valentín Lago González é o Secretario, cargo que ocupaba ata o momento Carlos Vilela. O sindicato de ambos (UXT) e CISF votaron a favor destes nomeamentos fronte ás abstencións de CIG e CCOO. (10 votos a favor e 3 abstencións).

Eleccións sindicais 2011

Un total de 531 persoas estaban chamadas ás urnas o pasado 24 de xuño. Destes, 377 son funcionarios encargados da elección dos representantes na xunta de persoal e 154 traballadores laborais para os do Comité de Empresas que, a súa vez, se subdividen en: 82 do colexio técnicos e administrativos e 72 do colexio de especialistas e non cualificados.

Os votantes escolleron a 13 membros sindicais para a Xunta de Persoal e 9 para o Comité de Empresa (5 en representación de especialistas e non cualificados e 4 de técnicos e administrativos). Deste xeito, presentaron as súas candidaturas, CIG só para a Xunta de Persoal, mentres CC.OO, UXT e CISF fixérono para todos os casos.

Deste xeito, os representantes sindicais resultaron:
COMITE DE EMPRESA (MESA DE ESPECIALISTAS E MESA DE TÉCNICOS):
José Domínguez Fernández (UXT-técnicos)
José Miguel Traseira González (UXT-técnicos)
Francisco Javier Rodríguez Carrasco (UXT-técnicos)
Humberto Paz Rodríguez (UXT-especialistas)
Manuel González Fernández (UXT-especialistas)
Félix Rodríguez Palacios Lagarón (CC.OO-técnicos)
Manuel Gil Otero (CC.OO-especialistas)
Nahum Reija Iglesias (CC.OO-especialistas)
Gonzalo Rodriguez Ferriro (CISF-especialistas)

XUNTA DE PERSOAL (FUNCIONARIOS):
Ana María Longarela (UXT)
Carlos López Vilela (UXT)
Valentín Lago González (UXT)
Julian Insua López (UXT)
Alfonso Fernández Alonso (UXT)
Marta Alameda López (UXT)
José Claudio López López (UXT)
María Asunción Pérez Vázquez (UXT)
Xoán Ramiro Cuba (CIG)
José Manuel Cebral Varela (CC.OO)
José Núñez Beloy (CC.OO)
María José Castro Darriba (CSIF)
Antonio González Chaín (CSIF)

A participación foi a seguinte: votaron 327 funcionarios (86,73%); 70 técnicos e administrativos (85,36%) e 64 especialistas e non cualificados (86,01%). En total, das 531 persoas convocadas participaron 461 (86,81%).

Eleccións 2007

Os comicios sindicais na Deputación teñen lugar cada 4 anos. Na convocatoria de 2007, UXT logrou a maioría absoluta no Comité de Emprega pero non na Xunta de Persoal. Nesta ocasión, na que o número de representantes sindicais elixidos era maior xa que tamén o era o de traballadores ó depender da institución provincial o persoal dos hospitais San Xosé e San Rafael, os resultados foron os seguintes:

- Comité de empresa: a central uxetista logrou a maioría absoluta con 7 delegados; 3 correspondéronlle a CSIF, 2 a CC.OO e 1 A CIG.
- Xunta de Persoal: UXT tivo 5 delegados; CISF 3, CIGA 3 e CSIF 2.

Nesta ocasión, a participación dos traballadores laborais foi do 86,04%, fronte ó 85,29% dos funcionarios.