Deputación de Lugo

Deputación, Concello de Lugo e Asociación de Autónomas organizan o 16 de decembro na capital a segunda Noite Aberta

Ábrese o prazo ata o 9 de decembro para os comerciantes que queiran inscribirse e participar na segunda edición da Noite Aberta

O Deputado do Coñecemento, Innovación e Emprededores, José Ramón Val Alonso, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e a Presidenta da Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais de Lugo, Nora Real, avanzaron este lunes a reedición da segunda Noite Aberta na capital que terá lugar o vindeiro 16 de decembro. Os comerciantes interesados en participar nesta acción poden inscribirse na Federación de Comercio ata o venres 9 de decembro e así formar parte do circuíto de actividades da Noite Aberta.

Carmen Basadre destacou que “co apoio de todos os lucenses, do Concello e da Deputación a través da Fundación Tic, vaise organizar por segundo ano a Noite Aberta coa que pretendemos impulsar a nosa cidade e ao pequeno comercio de Lugo.” Dende o Concello de Lugo trabállase para que esta actividade axude a dinamizar a cidade e a que o pequeno comercio lucenses sexa máis coñecido. Son as iniciativas que cremos que se deben apoiar e que en estes momentos é moi necesario fomentar para aumentar o movemento da cidade.

Esta actividade que o ano pasado tivo unha gran acollida vai ter lugar o venres 16 de decembro e consiste en que os comercios que se sumen á iniciativa estarán abertos ata as doce da noite ofercendo múltiples atractivos para quenes os visiten. Nora Real avanzou que durante esa noite vai a haber numerosas sorpresas que serán de agrado para o lucenses que visiten os comercios adheridos á idea, como poden ser servizos de catering, descontos, desfiles de moda e espectáculos de animación e música que percorrerán os establecementos participantes. Tamén destacou que “vai ser unha noite diferente para os lucenses xa que primará a moda e o glamour.”