Deputación de Lugo

Regina Polín avanza que o CENTRAD reeditará os obradoiros infantís gratuítos en tempadas vacacionais debido o seu éxito

A Deputada de Deseño e Artesanía fixo este anuncio durante a entrega de diplomas ós 30 nenos que participaron na primeira quenda desta programación para o Nadal Hoxe mesmo, outros 30 cativos iniciaron as actividades sobre traxe tradicional, instrumentos musicais, libro, moble e tapizado que se prolongarán ata o 5 de xaneiroEn total, 60 pequenos, de entre 5 e 12 anos, cubriron en poucas horas as prazas desta iniciativa que contribúe ó pulo da artesanía e á conciliación familiar e laboral

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, entregou este venres os diplomas ós primeiros 30 cativos que participaron nos obradoiros gratuítos e infantís de Nadal organizados polo Centro de Artesanía e Deseño da institución provincial. O éxito destas actividades foi tal que, o mesmo día no que se abriu o prazo de inscrición, en poucas horas remataron as prazas dispoñibles. É por elo, e tendo en conta a satisfacción mostrada tanto polos rapaces como polos propios pais, Polín avanzou hoxe que o CENTRAD organizará novas programacións para as próximas tempadas vacacionais dos nenos, tales como carnavais ou Semana Santa. Isto permitirá continuar co pulo dun sector con tanta tradición na Comunidade entre os máis novos, ademais de contribuír á conciliación da vida familiar e laboral.

Precisamente, hoxe mesmo, outros 30 rapaces iniciaron nas instalacións do CENTRAD as actividades da segunda quenda desta programación que se prolongará ata o 5 de xaneiro. O horario é de 9:00 horas ás 14:00 horas, cun descanso de 11:00 horas ás 12:30 horas durante o que teñen actividades de lecer, dirixidas por persoal cualificado, e se lles ofrece un pequeno almorzo para repoñer forzas e continuar co traballo nos obradoiros.

En total, 60 nenos, de entre 5 e 12 anos, se benefician desta iniciativa coa que a Deputación introduce ós máis pequenos na artesanía. E é que son obradoiros sobre o traxe tradicional, os instrumentos musicais, libro, moble e tapizado, nos que os cativos fabrican xoaniñas ás que visten con indumentaria tradicional, instrumentos musicais como un asubío, papel ou pequenas caixiñas de madeira que tapizan con telas de cores.