Deputación de Lugo

A Xunta de Goberno aproba os derradeiros trámites para a execución de novas obras por case 450.000 euros

A Deputación ensanchará varios puntos da CP-1804 en Chantada, garantindo o paso de vehículos pesados, e acondicionará 5 quilómetros da CP-5703 en Sarria mediante o POSA institución provincial aforrará 59.000 euros á Pastoriza, asumindo a dotación de mobiliario urbano e a mellora do contorno na vía de enlace á Praza de Galicia e á vía A ForxaMartínez avanzou que se esparexeron os primeiros 2.000 quilos de sal no Sur e na Montaña, mentres se manteñen os saleiros con 360 toneladas polas baixas temperaturas

A Xunta de Goberno deste venres aprobou os derradeiros trámites para a execución de novas obras nos Concellos de Chantada, Sarria e A Pastoriza por valor de case 450.000 euros. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, deu conta destas actuacións coas que a institución provincial prosegue coa mellora da rede viaria provincial, a máis extensa de España con máis de 4.000 quilómetros, así como dotando ós veciños de novos servizos municipais, aforrando custes ós Concellos.

Martínez avanzou a aprobación do proxecto de acondicionamento da CP-1804, de Touza por Belesar á estrada LU-533, en Chantada, para as que a institución provincial achega 82.400 euros. Os traballos consistirán no acondicionamento de 3 puntos de dito vial, concretamente, os situados nos puntos quilómetros 2,370, 4,900 e 5,670, onde se incrementará o ancho da vía para garantir a seguridade nestas zonas, ocupadas por pronunciadas curvas. “Vamos a facilitar o accesos de vehículos pesados, así como ás zonas de viñedos”, explicou.

A sesión acordou, ademais, os Plan de Seguridade e Saúde no Traballo para poder iniciar obras en Sarria e A Pastoriza. No municipio sarriano, a Deputación acondicionará 5 quilómetros da CP-5703, de Mesón de Alvaredo e San Martín de Loureiro, exactamente, dende o punto quilométrico 0,000 ó 5,075. Esta actuación, enmarcada no POS 2011, ten un orzamento de 299.491 euros, financiados ó 50% polo organismo provincial e o Ministerio de Administración Públicas. Mentres, na Pastoriza, a institución aforrará 59.000 euros ás arcas do Concello, ó asumir a dotación de mobiliario urbano e a mellora do contorno da vía de enlace á Praza de Galicia e a estrada A Forxa. É unha zona de titularidade municipal, situada no casco desta localidade.

Neste senso, a Xunta de Goberno aprobou as contas xustificativas de 19 obras do Plan de Comunidades Veciñais, executadas nos Concellos de Begonte, Cervo, O Corgo, Folgoso do Courel, Guitiriz, Guntín, Láncara, Pantón, Quiroga, Ribadeo, Riotorto, Sarria, O Vicedo, Xermade e Xove, por valor de 219.565 euros, dos que a Deputación achegou 143.008 euros.


2.000 quilos de sal
O tamén Deputado de Xestión Territorial anunciou que con motivo das baixas temperaturas que se están a rexistrar, o organismo provincial esparexeu os primeiros 2.000 quilos de sal, na CP 5908 de Sober, CP 1301 de Courel, CP 5303 de Ribas do Sil, CP 4304 do Páramo, e nas CP 1409 e 1410 de Cervantes. Martínez subliñou que a institución mantén despregado o dispositivo de 30 operarios e 15 vehículos, así como os 12 saleiros situados en puntos estratéxicos da rede viaria cheos con 360 toneladas, para atender as incidencias que se produzan. A Deputación ten reservada unha partida económica de 80.000 euros para adquirir outras 1.000 toneladas de sal se fixesen falta.


Liñas de actuación do Innova-TE2
A sesión tamén acordou a contratación da redación do Plan Director do Innova-TE 2, dotado de 171.000 euros, procedentes dos 15 millóns de euros, cofinanciados nun 70% pola Unión Europea logo de que a Deputación se convertese na quinta entidade local en España que máis fondos comunitarios recibiu na última convocatoria de fondos europeos. Martínez explicou que este Plan “definirá as liñas de actuación da segunda parte do programa tecnolóxico que nos permitirá levar a cabo, nos 49 Concellos que, de xeito voluntario, se sumaron ó Innova-TE, todos menos 17 municipios gobernados polo PP e o de Lugo ó non entrar nesta programación por contar cunha propia, as seguintes actuacións: continuar coa extensión da banda longa nas Casas Consistoriais logo de achegala a 30 Consistorios coa primeira parte desta iniciativa; incrementar a formación gratuíta e in situ sobre as novas tecnoloxías para os veciños, empresas e traballadores das administracións locais co fin de garantir o funcionamento mediante Internet dos 154 trámites coa Deputación e cos Concellos xa implantados; e potenciar as actividades innovadoras a favor do benestar social para a terceira idade dende o In Lugo”.