Deputación de Lugo

Deputación e Fervenza de Sargadelos celebran este sábado en Cervo a IV edición da Festa da Faba

Lara Méndez e Ramiro Chaves presentaron hoxe no Pazo de San Marcos a cita gastronómica na que se repartirán racións de fabada, pan e viño a un prezo de 5 eurosTendo en conta que o número de participantes vai en aumento cada ano e que en convocatorias anteriores vendéronse 300 racións, este colectivo conta xa 50 quilos de fabasA Vicepresidente avanzou que co fin de contribuir a desastacionalización o turismo e xerar riqueza na Mariña a institución reeditará na zona actividades como Surf-Camp e Lugoteando

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Vicepresidente da asociación Fervenza de Sargadelos, Ramiro Chaves, presentaron este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a IV edición da Festa da Faba, a cita gastronómica que Deputación e dito colectivo celebran este sábado na praza do Souto de Cervo. Méndez destacou o dobre obxectivo deste evento, que busca, por una lado, dinamizar o municipio cervence cunha iniciativa máis alá do verán, é dicir, desestacionalizando o turismo e potenciando a actividade comercial e hostaleira da zona, ademais de contribuir á vindeira organización da Romaría de Sargadelos.

E é que este evento xurdiu hai 4 anos, precisamente, cando tamén se creou a Fervenza, asociación que se financia, exclusivamente, das axudas de institucións como a Deputación, e que se constituíu, fundamentalmente, para organizar a tradicional festa de Sargadelos en honra o apóstol Santiago que ten lugar os días 24 e 25 de xullo, no contorno da antiga fábrica, reunindo a un cento de persoas, e sendo un dos festexos de referencia na Comarca durante a época estival. Por este motivo, o sábado, poránse á venda, a un prezo de tan só 5 euros, fabada, acompañada de pan e viño. Noutras convocatorias, chegáronse a repartir ata 300 racións. E por elo, e tendo en conta que o número de participantes vai en aumento todos os anos, este colectivo conta xa con 50 quilos desta legume. A xornada, que arrancará ás 19:30 horas, estará amenizada polo trio viveirense Vivario.

Apoios ás asociacións
A Vicepresidente destacou, ademais, a colaboración do organismo provincial coas asociacións da provincia, “outra forma de cooperar coa economía dos Concellos que, aínda que supuña un esforzo inversor para a Deputación, mantivemos esta liña de axudas no 2012, achegando, só para a celebración de citas gastronómicas como esta de Cervo, a do berberecho de Foz, a empanada de Chandada, a do grelo de Abadín....., e mediante o plan de subvencións do Inludes, 100.000 euros. No caso da Mariña, a institución celebra a mairoes, e non nos meses de verán, Lugoteando ou Surf-Camp, actividades que Méndez anunciou a súa reedición para este ano co fin de xerar de riqueza, aproveitando os recuros naturais da Costa luguesa e colaborando, para a súa organización, con empresas da zona.