Deputación de Lugo

A Deputación acondiciona o cruce de Eirexalba, en O Incio, cumprindo co fallo do Tribunal Superior de Xustiza

O TSXG dictou que as obras na CP-2502 proxectadas e exectuadas nun 98% polo anterior Goberno provincial do Partido Popular “dificultan” os accesos a outras víasO anterior Alcalde, tamén do PP, non presentou alegacións cando a súa agrupación política realizou o proxecto, facéndoo 2 anos máis tarde cun novo Goberno provincia

A Deputación de Lugo inciou este luns as obras de acondicionamento no cruce de Eirexalba, no Concello de O Incio, cumprindo co fallo do Tribunal Superior de Xustiza. A institución luguesa inviste nestas actuacións, que prolongará durante 15 días, preto de 8.000 euros.

O orixe deste asunto data de 2007, ano no que o organismo provincial concluíu co ensanche na CP-2502, entre O Polvoreiro e Ferradal, unha obra executada no seu 98% polo anterior Goberno Provincial do Partido Popular. Non foi ata 2009 cando o Concello de O Incio, por aquel entón dirixido polo popular Ángel Camino, reclamou á Deputación a mellora desta intersección por vía xudicial. É dicir, mentres a institución luguesa estivo capitaneada polo populares, o Rexedor, da mesma agrupación política, non presentou alegación algunha ó respecto, é máis, nin tan sequera o fíxoo cando os seus compañeiros de partido realizaron o proxecto onde se definiron todas as actuacións a levar a cabo, así como os seus resultados.

Posteriormente, e cambiando a súa visión sobre estes traballos, Camino alegou no xuzgado que quedou reducido o radio de xiro e se limitou a visibilidade no cruce que enlaza co cemiterio e a igrexa de Eirexalba, así como cos núcleos de A Ermida, Vila Reguenga e Castro. Tendo en conta que o TSXG considerou que a obra do PP, concluída pola actual institución luguesa, conlevou “un cambio sustancial nas condicións de acceso con outras vías de entrada e saída ás aldeas, dificultando maniobras e facéndoas perigosas”, a Deputación executa actuacións de mellora.