Deputación de Lugo

Kina Fernández será a madriña da Gala Lvcvs Moda

A deseñadora galega, que goza dun importante prestixio internacional, toma o relevo de Montesinos e Victorio y Lucchino coma embaixadora da moda lucensePúblico e medios de comunicación especializados admirarán as creacións de deseñadores, artesáns e peluqueiros lucenses durante unha gala posible grazas a máis de 100 profesionaisAs últimas entradas para a gala poden adquirirse ata a mañá do martes 8 no servizo de Protocolo da Deputación e nos establecementos dos deseñadores participantes

Kina Fernández será a madriña da terceira edición da Gala Lvcvs Moda. A identidade do deseñador de prestixio encargado de apadriñar a gran cita da moda lucense era un dos segredos mellor gardados e finalmente será esta creadora de sona internacional a que relevará a Francis Montesinos e Victorio y Lucchino coma embaixadora da moda lucense. É sen dúbida unha elección axeitada, xa que Fernández é dende hai tempo, embaixadora da moda galega nas máis destacadas pasarelas.

Ourensá de nacemento, sendo moi nova trasládase a París, onde esperta o seu interese pola creación e o deseño. Tras unha etapa de formación na cidade berce da alta costura, regresa á súa terra, en concreto á Coruña, onde abre o seu primeiro establecemento. Ó pouco tempo comeza a fabricar prendas para outros e xa non parará de aumentar o volume do seu negocio ata que a finais dos setenta abre a súa primeira fábrica. Kina Fernández sempre se interesou pola aplicación das novas tecnoloxías na súa empresa e nos seus deseños, o que sitou entre as firmas de moda española con maior proxección e prestixio no estranxeiro: ademais de estar presente na pasarela Cibeles dende 1998, ó ano seguinte, as creacións de Kina Fernández xa pasearon na capital francesa, no mítico Carrousel do Louvre, escenario compartido con casas de moda míticas coma Chanel ou Dior. A súa última colección, tras presentarse unha vez máis na pasarela madrileña, colleitou éxito de crítica e público nas semanas da moda de París e Londres, das que é asidua. Precisamente estes días vén de exhibir as súas creacións na Semana da Moda de Bratislava, onde acudiu ó ser nomeada “Deseñadora Internacional Vip”. Os numerosos recoñecementos obtidos por esta deseñadora galega son mostra deste nivel: o galardón a “Mejor diseñadora de Moda” outorgado por EL Arte de Vivir; a Medalla Castelao ou o premio “Galicia en Femenino de Creación”.

Centos de profesionais lucenses
Kina Fernández será testemuña do nivel da moda lucense participando, de xeito totalmente desinteresado, nun evento que é posible grazas ó traballo de máis de 100 profesionais que amosarán o seu bo facer. Destacados deseñadores coma Manuel Bolaño, Luis Areñas para Manuela López, Sara Lage e Maru Calderón, Inpe&Sons e Montse Arias; as creacións artesanais de Beatriz Valín e Chicha Lombao; Carmen López; Cecilia Carballo; Idoia Cuesta; Jara Rodríguez; María Rodríguez; Miguel Caamaño; Obradoiro; Pilar Rodríguez; Paula Dimé; Ramón Álvarez; Ramón Lleó; Noela Feal; Vidal Revilla; e Yanllan (formada por Yolanda e Laura Luz Álvarez Nieto). As 10 peluquerías presentes contarán co seu propio desfile: Aluma, Attelier, Benjamín, Doana, Eduardo Souto, Galagroup, Mohama, Mönet, Pilar e René Velasco, presentarán espectaculares peiteados e maquillaxes de pasarela. O espectáculo estará ambientado por 33 grupos musicais lucenses: Alberto Busto, Blö, Brea Sound System, Bristol, David Taboado & ASOC, High Sky, Mentirosos, Mullet, Zinc So!, Aro Arrhythmia, Atup-Lekar, Janie’s Gun, Lastway, Meskalina, Moondogs Blues Party, Pants off. Psicodelepsia, Ripper Ground, Sally the Aracnophobic, Shattered Mirror, Xenro, Airiños de Orbazai, Andaina, Arrincadeira Folk, Batital, Caivanca, Pastillas Mamut, S3, Safari Orquestra, Telémaco e Zrutablism.

Ademais dos anteriores, as tres finalistas do I Concurso de Novos Deseñadores lucenses, unha iniciativa da Deputación de Lugo que fomenta novos valores da moda, potenciando o sector e favorecendo o emprego xuvenil, presentarán os deseños cos que aspiran a acadar o galardón de 500 euros en metálico ó vencedor, 300 ó segundo e 200 ó terceiro. 24 firmas: IES Muralla Romana; Conservatorio Profesional de Danza; restaurantes España, Mesón de Alberto e Koki García; hoteis Ciudad de Lugo e Méndez Núñez; Guillermo Fajardo, personal shopper para Adamascada; Rochas; Caramelo; Anna de Amigo; Modesto Santa Eularia; Cuplé; Senén; Ramón Rebolo; Dick&Paul; Messalina; Torques; Depidel; Porta Castelli; Coca Cola, Estrella Galicia e Vanity Cakes prestan a súa colaboración nun evento que supón un destacado impulso para un sector no que Lugo conta con grandes profesionais.

Últimas entradas á venda
As persoas que desexen asistir á Gala Lvcvs Moda deberán apresurarse para facerse coa súa entrada, cun prezo de 20 euros, antes do mediodía de mañá no Servizo de Protocolo da Deputación e nos establecementos dos deseñadores participantes, posto que só restan unhas poucas á venda. Xa nos cinco primeiros días máis da metade das entradas foron adquiridas polo numeroso público que mañá, a partir das 21:00 horas, poderá estar presente nesta Gala. Ademais, todos os que acudan á gran cita da moda lucense, obterán coa súa entrada un obsequio por parte das firmas colaboradoras.

VENDA DE ENTRADAS:
Servizo de Protocolo-Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8 Lugo
Horario de mañá
982 260 060

Luis Areñas para Manuela López
Galerías Praza Maior/ Campo Castelo, 10. Local 5. Lugo
982 221 102

Sara Lage y Maru Calderón
Rúa Armaña, 16. Local dereita. Lugo
982 254 764

Montse Arias
Rúa San Froilán, 44. Lugo
982 241 820

Inpe&Sons
Praza Santo Domingo, 24. Lugo
982 255 865

Máis información, na portada da páxina web da Deputación www.deputacionlugo.org