Deputación de Lugo

A Deputación amosa na Mariña as vantaxes das novas tecnoloxías con 9 cursos gratuítos que suman 140 prazas

A Pontenova, onde arrancan hoxe mesmo dúas das xornadas, Burela, Ribadeo, Foz e Mondoñedo son os 5 Concellos nos que o Centro de Innovación Social impartirá ata finais de ano as accións formativas, dirixidas a todo tipo de públicoComo buscar emprego a través de Internet ou encontrar as mellores ofertas e lugares na Rede; crear blogs, copias de seguridade, ou manexar o correo electrónico e as follas de cálculo son algúns dos temas que se abordarán nos cursosOs interesados en participar poden anotarse chamando ó teléfono 982-22-51-86, na web www.deputacionlugo.org ou nas instalacións do In Lugo, na rúa Frei Prácido Rei Lemos

Preto de 140 mariñanos poderán coñecer as vantaxes que leva consigo o uso das novas tecnoloxías na súa vida persoal e profesional grazas ós 9 cursos gratuítos que impartirá na Costa lucense ata finais de ano o Centro de Innovación Social In Lugo da Deputación. A Pontenova -onde este mesmo luns arrancaron dúas xornadas-, Burela, Ribadeo, Foz e Mondoñedo son os 5 Concellos nos que terán lugar as accións formativas, que amosarán, entre outras cuestións, como buscar emprego a través de Internet ou encontrar as mellores ofertas e lugares na Rede; crear un blog, copias de seguridade, xestión de arquivos, ou manexar o correo electrónico e as follas de cálculo.

Estes cursos enmárcanse na programación que o Centro de Innovación Social leva por toda a provincia dende mediados de setembro e ata rematar o ano co fin de estender o uso das TIC para mellorar a calidade de vida e o benestar dos lucenses; abrir novas oportunidades para encontrar emprego e fortalecer o tecido empresarial da provincia potenciando a competitividade e produtividade das PEMES e autónomos. O Ministerio de Industria, a través do Plan Avanza, achega o 89% do financiamento das xornadas.

Os 9 cursos, con unha capacidade de 15 prazas cada un, son os seguintes:

A Pontenova: Entre hoxe e o mércores desenvolveranse, na Casa da Cultura, as xornadas Catálogo de produtos e servizos na Rede (como crear unha revista e catálogo de produtos de liña ISSUU), en horario de 16:00 a 18:00 e con unha decena de inscritos; e As Mellores ofertas e lugares na palma da man (aplicacións móbiles para buscar sitios e ofertas), en horario de 18:00 a 20:00 horas, e con 6 participantes.

Burela: A próxima semana, entre os días 14 e 16, terán lugar no IES Perdouro os cursos As Mellores ofertas e lugares na palma da man (aplicacións móbiles para buscar sitios e ofertas), de 16:00 a 18:00 horas; e Manexa os teus ficheiros no teu ordenador (xestión de arquivos), de 18:00 a 20:00 horas.

Ribadeo: Do 19 ó 21 de novembro ofreceranse na Casa da Mocidade os cursos Emprego, na web atoparalo, de 16:00 a 18:00 horas; e A túa ventá ó mundo. Crea o teu blog, de 18:00 a 20:00 horas.

Foz: Entre o 21 e o 23 de novembro terán lugar na Casa da Xuventude os ciclos Utiliza folla de cálculo para levar as contas da túa empresa, de 16:00 a 18:00 horas, e Correo inmediato e sen papeis (Correo electrónico:web mail), de 18:00 a 20:00 horas.

Mondoñedo: Os días 10 e 11 de decembro impartirase no IES San Rosendo o curso Non perdas información, as copias de seguridade son a túa solución.

Os cursos desta semana

Aparte das xornadas da Pontenova, nesta primeira semana de novembro haberá outros 4 cursos, en Lugo e Pedrafita:

Na sede do Centro de Innovación Social arrancou este luns o curso O Rei das presentacións: presenta as túas ideas (elaboración de presentacións), que remata mañá. Tamén en Lugo terá lugar entre o mércores e o xoves, de 16:30 a 19:30 horas, o curso Catálogo de Produtos e servizos na Rede (como crear unha revista e catálogo de produtos de liña ISSUU).

No Centro Polifuncional de Pedrafita terán lugar o mércores e o xoves dúas accións formativas: Manexa os teus ficheiros no teu ordenador (xestión de arquivos), de 16:00 a 18:00 horas; e A web da túa empresa, que debes saber á hora de contratala, de 18:00 a 20:00 horas.

Por teléfono, on line ou presencialmente

As persoas interesadas en participar, tanto nas xornadas da Mariña, como en calquera das que restan ata finais de ano, poden anotarse por teléfono, chamando ó 982-22-51-86; on line, accedendo á páxina web www.deputacionlugo.org ou ben presencialmente, acudindo ás instalacións do propio In Lugo, situadas na rúa Frei Plácido Rei Lemos, na segunda planta da Escola de Imaxe e Son (EIS). A inscrición está aberta ata esgotarse as prazas dos cursos, dirixidos a todo tipo de público: mozos e maiores, familias, desempregados, traballadores, emprendedores, empresarios e persoas con discapacidade. Os alumnos recibirán ó finalizar a acción formativa un diploma oficial da Deputación que acredita a súa participación. A programación dos talleres (lugar e horario) pode consultarse na web do organismo provincial.