Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo mantén pechada ó tráfico a estrada provincial LU-P-4503, no Concello de Pedrafita do Cebreiro

Imaxe deputación de lugo
O vial que une San Pedro, por Busnullán e Vilasol, con Nullán, permanece pechada ó tráfico por un desprendimento do terreo provocado polas chuvias caídas. Os desvíos habilitados están sinalizados á altura do cruce de Vilaverde e previsiblemente este sábado a mediodía quede restablecida a normalidade na circulación

A Deputación de Lugo mantén pechada ó tráfico a estrada provincial LU-P-4503, que discorre de San Pedro a Nullán, por Busnullán e Vilasol, no termo municipal de Pedrafita do Cebreiro. A consecuencia das chuvias caídas durante a xornada de hoxe, produciuse un corremento de terras nos marxes da carreteira, o que obrigou a cortar a circulación pola mesma para evitar riscos ós usuarios.

Os desvíos habilitados para itinerarios alternativos están debidamente sinalizados na mesma estrada, á altura do cruce de Villaverde. As labores que nestes momentos xa están levando a cabo as máquinas e o persoal do dispositivo posto en marcha pola Deputación de Lugo continúen durante toda a noite e permitan restablecer a normalidade na circulación este mesmo sábado arredor do mediodía.