Deputación de Lugo

Rematan en Viveiro as xornadas de formación para o emprego organizadas pola Deputación de Lugo

O I Pacto Provincial polo Emprego pechouse definitivamente esta mañá coa celebración de derradeira das catro xornadas de formación para o emprego “Formación para o emprego”, ó remate do cal Alfredo Llano fixo entrega dos diplomas ós participantes

A Deputación de Lugo celebrou esta mañá a derradeira das xornadas de peche do I Pacto Provincial polo Emprego, programa impulsado para fomentar a inserción laboral na provincia que, cun 80% de financiamento con fondos europeos, permitiu a creación de máis de 100 postos de traballo en xacementos de emprego da provincia. Isto foi posible coa formación teórica e as prácticas laborais ás que, a custe cero, puideron acceder centos de desempregados lucenses.

Novamente, expertos como Isabel Villamor, experta en proxectos europeos e xestión de cooperativas e e Pemes, e representantes de Cogami, Cruz Vermella e Fundación Laboral da Construción, que foron algunhas das empresas encargadas de impartir a formación durante o Pacto, aconsellaron ós participantes sobre técnicas de busca de traballo ou autoemprego e intercambiaron impresións sobre o desenvolvemento deste programa provincial polo emprego.

Ó remate das ponencias, o deputado provincial Alfredo Llano entregou os diplomas acreditativos ós participantes do Pacto provincial da Mariña, que foron preto de 230. O vindeiro ano será o momento doutros moitos lucenses que poderán participar noutr nova edición do Pacto polo Emprego, para o que a Deputación de Lugo destinará 3,5 millóns de euros dos 7,5 millóns dos Presupostos da institución provincial para 2013, que estarán adicados a políticas de emprego.