Deputación de Lugo

Éxito da 1ª das xornadas de Exploradores das Reservas, nas que máisde 100 nenos descubrirán a riqueza natural luguesa coa Deputación

Os primeiros 30 nenos inscritos tomaron parte hoxe nas actividades de ocio da institución provincial para concienciar ós máis novos da importancia de conservar o medio natural. As xornadas continuarán os días 8 e 9 de decembroOutra alternativa de ocio infantil para as vacacións son os Obradoiros Artesanais do CENTRAD, nos que 90 nenos de 5 a 11 anos poderán aprender a elaborar variados obxectos de Nadal con diferentes técnicas inspiradas na tradición artesanalO prazo de inscrición para os Obradoiros Artesanais continuará aberto ata o 21 de decembro, no rexistro do INLUDES. Máis información en www.deputacionlugo.org e no 982 210 066. A solicitude para as actividades de “exploradores” pode formalizarse en 982 254 666 e 982 260 147

A primeira quenda do máis de 100 nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos que participarán nos obradoiros verdes de Exploradores das Reservas da Biosfera, unha das actividades que organiza a Deputación de Lugo para os días de lecer escolar do mes de Nadal, gozaron hoxe dun día de ocio diferente no Centro de Interpretación Terras do Miño. 30 cativos participaron este xoves na iniciativa que busca dar conta ós máis novos da riqueza medioambiental da provincia e conciencialos sobre a importancia de conservar este patrimonio natural, ó tempo que axuda ás familias a conciliar vida laboral e familiar.

Con actividades coma excursións para a observación da flora e fauna local ou unha “busca do tesouro” empregando elementos coma brúxulas ou prismáticos, ducias de nenos pasaron un tempo divertido ó aire libre mentres aprenderon de xeito divertido acerca da riqueza paisaxística, ecolóxica e cultural da provincia e especialmente daqueles territorios declarados Reservas da Biosfera. Estes obradoiros continuarán os días 8 e 9 de decembro, igualmente no Centro de Interpretación Terras do Miño, en horario de 11:00 a 14:30 horas.

Obradoiros artesanais para 90 nenos

Outras das posibilidades que a Deputación de Lugo pon este mes a disposición das familias para facilitar a conciliación de traballo e vida familiar son os obradoiros artesanais do Centro de Artesanía e Deseño. Consisten nun total de seis cursos centrados en torno a tres temáticas diferentes: “Reciclaxe no Nadal”, “Coroas e centros de Nadal” e “Fabricación de moldes e produción de pezas”, que se celebrarán en dúas quendas. A primeira delas será entre os días 26 e 28 de decembro e a segunda entre o 2 e o 4 de xaneiro.

Pensados para rapaces de 5 a 15 anos, tívose en conta as capacidades destes, se ben no caso dos rapaces con necesidades educativas especiais, haberá flexibilidade en canto a idades de admisión, así coma os horarios para que todos aproveiten axeitadamente estes obradoiros.

“Reciclaxe no Nadal”, está dirixido a nenos de 5 a 8 anos e nel poderán elaborar diversos obxectos relacionados co nadal empregando materiais coma pintura, papel, envases de diferentes produtos, cartón, etc. O segundo deles, “Coroas e centros de Nadal” é para nenos de 9 a 11 anos, e nel confeccionarán ditos obxectos combinando materiais de orixe natural, coma abeto ou liquen, con outros artificiais coma arame, cinta adhesiva, lazos ou acivro artificial. Finalmente, “Fabricación de moldes e produción de pezas”, deseñado para rapaces de 11 a 15 anos, permitirá que estes elaboren diferentes obxectos con siliconas, látex, terracota ou escaiola.

Son en total 90 prazas, 15 por cada curso, das que un 15% están reservadas para nenos con necesidades especiais. O horario será o mesmo para todo os cursos: de 9:00 a 14:00 horas, cun descanso de 11:00 a 11:30 horas, durante o que poderán repoñer forzas co almorzo que traian da casa os que así o desexen. A mañá rematará con diferentes actividades de ocio dirixido e visitas ós obradoiros e exposicións dos Centro.

Prazos de inscrición

Os pais que desexen anotar ós seus fillos nos Obradoiros Artesanais poden presentar o formulario de inscrición ata o vindeiro día 21 de decembro. Dito formulario estará a súa disposición no Centro de Artesanía, no rexistro do INLUDES ou na web www.deputacionlugo.org, na que poderán igualmente atopar toda a información necesaria. Tamén poden chamar ó 982 210 066. O criterio de admisión dos rapaces será o de rigorosa orde de inscrición e as solicitudes deberán ir acompañadas do xustificante de que os pais estean a traballar.

No caso dos das familias que queiran inscribir ós rapaces nos obradoiros verdes de Exploradores das Reservas da Biosfera para os días 8 e 9 deste mes, poderán facelo chamando ós teléfonos 982 254 666 e 982 260 147.