Deputación de Lugo

Os alumnos da Escola de Imaxe e Son pechan o ano coa estrea da produción teatral propia 'Un Belén de cine'

A obra estreada hoxe, escrita, dirixida e producida polos rapaces e rapazas de 1º de Realización, é o resultado dun proxecto da asignatura de Planificación de Rexeduría, na que os alumnos aprenden a coordinar varias labores técnicas coma a iluminación, a caracterización ou a guionización

Os alumnos da Escola de Imaxe e Son (EIS) despediron o 2012 cunha obra de teatro que foi estreada con éxito esta mañá no Salón de Actos da Escola de Imaxe e Son. “Un Belén de cine” é unha produción teatral dos alumnos de 1º de Realización da EIS, que puxeron en marcha este proxecto como unha práctica do seu currículo, para que estes aprenderan a coordinar diferentes labores técnicas.

En canto ó argumento da obra, este naceu dunha idea esbozada polo director da mesma, Miguel Barreiro, que formulou a cuestión de como se comportarían no Belén María e Xosé “se fosen actores famosos”, combinando dese xeito un argumento típico das datas navideñas cun dos temas favoritos dos alumnos: o cine e os seus segredos. Durante a representación, que deu comezo ás 12:30 horas, os asistentes puideron acceder a algún dos momentos privados na vida de estrelas do Hollywood clásico, coma Charles Chaplin ou Marilyn Monroe, e doutras máis actuais coma Will Smith.

O proxecto desta obra de Nadal xurdiu como unha proposta da asignatura Planificación da Rexeduría para a organización dunha producción teatral. A premisa era lograr converter ó grupo de 1º de Realización nun equipo técnico eficiente, coordinando diferentes labores técnicas coma iluminación, caracterización, guionización ou son. Este traballo de coordinación resultou especialmente intenso no último mes, pero á vista do bo resultado acadado os alumnos aproveitaron ben esta experiencia.