Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación recibiu ó novo Subdelegado do Ministerio de Defensa en Lugo

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este venres, no Pazo de San Marcos, ó novo Subdelegado de Defensa en Lugo, Ricardo Jesús Suárez Delgado. A reunión serviu para estreitar as relacións institucionais. A boa sintonía foi a nota dominante.

O Subdelegado presentouse oficialmente ó Presidente tras o seu nomeamento. Ricardo Jesús Suárez Delgado, é coronel de Infantería de Marina e substitúe como delegado ó coronel de Caballería Ricardo Cuesta Espejo, que levaba no posto dende xullo de 2007. Suárez amosouse contento por ser destinado a Lugo, xa que ten moitos vínculos con Galicia e a provincia.