Deputación de Lugo

A Capela de Santa María acolle ata o 12 de xullo unha exposición dos alumnos da Escola “Ramón Falcón”

Con “NM. Necesita mellorar” preséntase en volume a revista elaborada polos alumnos de 3º de Deseño Gráfico

Lara Méndez anunciou que na nova etapa da sala do CENTRAD combinaranse exposicións locais con outras de carácter nacional e internacionalA Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, presentou este mércores a exposición NM. Necesita Mellorar, dos alumnos da Escola de Artes e Superior de Deseño Ramón Falcón. A mostra inaugurarase mañá na Capela de Santa María do CENTRAD e permanecerá aberta ó público ata o 12 de xullo. Lara Méndez, que estivo acompañada polos coordinadores da exposición, José Antonio Cruz e Salvador Guinart, destacou a orixinalidade desta mostra, xa que se presenta en volume o primeiro número da revista do mesmo nome, na que se recollen os traballos realizados neste ano polos 30 alumnos do terceiro curso da Especialidade de Deseño Gráfico.A responsable provincial dixo que para nós é unha satisfacción que xente nova de Lugo amose os seus deseños na Capela de Santa María. Esto supón, por unha banda, unha promoción dos traballos que desenvolveron os alumnos e, por outra, un incentivo para que outras persoas se animen a realizar estes estudos. E bó que os veciños desta provincia coñezan o importante traballo que se está a desenvolver na Escola Ramón Falcón.Nova etapa da Capela de Santa MariaLara Méndez lembrou que esta exposición de novos creadores lucenses substitúe a outra de artistas uruguaios consagrados que tivo un grande éxito: Borde Sur. Segundo os datos aporados pola Vicepresidenta Segunda, unhas 700 persoas visitaron a mostra que reuniu as mellores creacións de 59 artistas uruguaios contemporáneos e de recoñecido prestixio. Na nova etapa da Capela de Santa María, que poñeremos en marcha despois do verán, combinaremos as exposicións locais con outras nacionais e interanacionais. José Antonio Cruz dixo que con esta exposición preséntase o primeiro número da revista e serve para poñer en práctica a asignatura de deseño gráfico en espazos expositivos que se impartiu durante o curso. Nesta mostra amósanse as distintas seccións da publicación.Pola súa banda, segundo Salvador Guinart os alumnos fan a súa interpretación da crise dun xeito positivo, como un punto de partida para replantexarse moitos aspectos e chegar a novas solucións. En total editáronse 3.000 revistas que serán distribuídas en Escolas de Deseño Gráfico de toda España e noutros centros educativos.A exposición NM. Necesita mellorar estará aberta desde mañá ata o 12 de xullo. O horario de apertura ó publico será, de luns a sábado de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas , e os domingos de 18:00 a 21:00 horas.