Deputación de Lugo

A Deputación impulsa na Fonsagrada a economía medioambiental con 126.000 euros para a recuperación da ruta do Queixoiro

López Izquierdo e Fernández Campo supervisaron o inicio das obras de recuperación desta ruta de sendeirismo, que poñen en valor o patrimonio natural para xerar riquezaOs traballos consisten no acondicionamento dos 3 quilómetros da ruta, na colocación de sinais informativas e na creación dun novo aparcadoiro e unha zona de ocio

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, acompañada polo Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, supervisou este luns o inicio das obras de recuperación da ruta de sendeirismo “Seimeiras de Queixoiro-Forno do Bolo”, situada en dito municipio lugués.

López Izquierdo salientou que “estas actuacións enmárcanse dentro da nosa aposta polo medioambiente como oportunidade económica, e responden á preocupación, tanto da Deputación como do Concello da Fonsagrada, de preservar e poñer en valor o noso patrimonio natural. Pola súa banda, Fernández Queipo remarcou que “con estes traballos buscamos xerar novos atractivos turísticos, capaces de xerar riqueza na Montaña de xeito desestacionalizado”.

Características dos traballos

Esta obras, dotadas de máis de 126.000 euros, consisten no acondicionamento dos 3 quilómetros da ruta “Seimeiras de Queixoiro-Forno do Bolo”; na creación dun novo aparcadoiro para facilitar o acceso ós usuarios; na instalación de 1.000 metros de barandas para maior seguridade; e na colocación de numerosas sinais infomativas, non só sobre a dirección da ruta, senón sobre aqueles puntos especialmente atractivos polo seu interese ambiental, etnográfico, cultural ou recreativo. Ademais, tamén se habilitará, á metade da ruta, unha área de descanso con elementos de ocio.