Deputación de Lugo

A Deputación impulsa a comercialización dos produtos autóctonos financiando un ano máis o San Isidro de Paradela

Imaxe deputación de lugo
Esta cita de exaltación e promoción de produtos autóctonos e tradicionais conta novamente cunha aportación económica da institución provincial de 3.000 euros con cargo ó Plan Estratéxico de Subvencións que asegura o seu futuroA institución provincial colabora con asociacións e Concellos de todas as cores políticas financiando máis de 20 eventos de exaltación e promoción de produtos autóctonos, así como a actividade de sectores estratéxicos para a economía lucense

A Deputación de Lugo colabora un ano máis coa celebración da festividade do San Isidro do Concello lucense de Paradela, festividade que contan cunha gran tradición na comarca. Esta cita supón un importante pulo ó sector primario do propio Concello no que se celebra a tamén para o dos limítrofes. O mercado gandeiro, o de maquinaria agrícola, a mostra de artesanía ou a degustación de produtos de calidade propios da zona –por exemplo, carne e viño con Denominacións de Orixe Ternera Gallega e Ribeira Sacra-, concentran a un gran número de visitantes, atraídos polo valor cultural e comercial que esta cita ten na comarca.

Este é só un dos eventos cos que colabora a institución provincial a través do Plan Estratéxico de Subvencións. Este plan, reflectido nos Orzamentos da Deputación de Lugo, suma unha partida de máis de 160.000 euros a financiar diversas iniciativas encamiñadas a poñer en valor e difundir os produtos autóctonos, co fin de mellorar a súa comercialización e convertelos en factor de desenvolvemento económico para os Concellos. Ó mesmo tempo, estas axudas económicas cumpren co obxectivo de potenciar sectores que se teñen revelado coma claves de crecemento comarcal, como é o caso da colaboración co sector pesqueiro a través de axudas anuais a todas as cofradías de pescadores e mariscadoras da Mariña ou a financiación de proxectos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela que teñen coma obxecto acadar avances aplicables a mellorar e racionalizar o sector primario. Exemplo disto son os traballos que actualmente se levan a cabo nun viñedo experimental situado no Concello de Portomarín, no que se traballa en métodos de mellora nos cultivos vitivinícolas da Ribeira Sacra.

Estas axudas están destinadas non só a Concellos de todas as cores políticas, senón tamén a asociacións e institucións. De feito, colabórase, entre outros, con eventos coma a Festa do Berberecho de Foz; a feira PRODUART de Burela; Expogrelo de Abadín ou a Festa da Cereixa e do Aceite de Ribas de Sil, entre outras.