Deputación de Lugo

A Deputación arranca o plan que leva Internet ó rural con 385.000 euros, 'ante a discriminación de Feijóo con Lugo'

Imaxe deputación de lugo
Segundo datos oficiais da Xunta, Lugo é a provincia galega co maior número de zonas de sombra, con 39 Concellos sen cobertura de calidade á Rede fronte ós 2 municipios de Pontevedra. Por poboación, o 58% dos lucenses teñen dificultades para acceder a Internet, fronte ó 32% dos coruñeses, o 29% dos ourensáns e o 2% dos pontevedreses“Ante esta clara discriminación de Feijóo con Lugo, arrancamos hoxe o Sateliz@ate, acordando a empresa xestora deste plan para, na vindeira quincena, abrir o prazo de inscrición” destacou Martínez“En decembro, 800 veciños, asociacións sen ánimo de lucro, PEMES ou autónomos residentes no rural lugués, contarán cunha conexión a Internet dun mínimo de 2 megas e dun máximo de 20 megas”, adiantou o voceiro socialista

A Xunta de Goberno resolveu este vernes o procedemento de selección da entidade que colaborará coa Deputación na execución do Sateliz@ate, o programa que leva Internet a núcleos rurais lucenses sen cobertura, chamados zonas de sombra. Segundo datos publicados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Lugo é a provincia galega co maior número destes espazos, contando con 39 Concellos sen cobertura de calidade á Rede, seguida de Ourense, con 27 municipios; A Coruña, con 22; e Pontevedra, con tan só 2. Por poboación, o 58% dos lucenses teñen dificultades para acceder á Rede, fronte ó 32% dos coruñeses, o 29% dos ourensáns e o 2% dos pontevedreses.

O voceiro provincial socialista avanzou que “ante esta clara discriminación do Goberno de Feijóo coa provincia de Lugo, esta Deputación arranca o plan que dára cobertura a Internet mediante vía satélite a 800 veciños, asociacións sen ánimo de lucro, autónomos e PEMES lucenses, residentes nas zonas de sombra na provincia, con 385.000 euros, acordando hoxe a empresa xestora desta programación para, na vindeira quincena, abrir o prazo de inscrición”.

Asesoramento personalizado e in situ

A empresa adxudicataria ofrecerá, primeiro, asesoramento personalizado e in situ a todos os interesados nesta programación e, posteriormente, dotará e instalará o equipamento necesario para acceder á Rede. É dicir, de xeito novidoso, esta entidade aforrará tempo e cartos ós cidadáns, ó asumir todas as xestións administrativas para a tramitación das solicitudes. Para elo, na vindeira quincena, cando se abra o prazo de inscrición, tamén se facilitará un número de teléfono da empresa, ó acceso de todos os interesados na páxina web da Deputación. “Polo tanto, con só unha chamada, esta entidade desprazarase ó domicilio do interesado para coñecer, de xeito individualizado, se cumpre cos requisitos -por exemplo, residir en zonas de sombra-, aclarar calquera dúbida sobre esta programación, entregar o formulario de inscrición ou colaborar na súa cumplimentación. En definitiva, asumirá o proceso de tramitación de todos os solicitantes, aforrándolles tempo e cartos”, destacou Martínez.

Executado en decembro

En setembro, resolverase o proceso de selección dos beneficiados do Sateliz@ate para, neste mesmo mes, iniciar a súa execución. A empresa adxudicataria dotará e instalará entón todo o material necesario, por exemplo as antenas ou routers, finalizando a totalidade destas actuación antes de finais deste ano. “En decembro, 800 veciños, asociacións sen ánimo de lucro, PEMES ou autónomos lucenses, residentes en zonas de sombra, contarán cunha conexión a Internet dun mínimo de 2 megas e dun máximo de 20 megas”, adiantou o voceiro socialista.

A Deputación asumirá a totalidade dos custes destas actuacións, concedendo ós beneficiados unha subvención de ata 500 euros, procedentes dos 385.000 euros que a institución achega a este plan, con fondos propios . Cómpre aclarar que os cidadáns deberán asumir, posteriormente, o mantemento deste servizo, aínda que a Deputación garante tarifas más vantaxosas, ó pactar este servizo para 800 usuarios.