Deputación de Lugo

A actriz galega Isabel Blanco, presentadora da Gala Lvcvs Moda 2014

- A recoñecida intérprete de cine e televisión e gañadora de dous Premios Mestre Mateo será a encargada de presentar o evento benéfico que se celebrará o 7 de maio ás 21:00 horas no MIHL - Máis de cen profesionais participan directamente na Gala, que contará con actuacións en directo do mimo Nono e dos subcampións de Europa de baile artístico da Escola Ritmo Lugo - Os interesados en asistir aínda poden facerse con algunha das entradas á venda nos establecementos dos deseñadores e peluquerías participantes no evento

A prestixiosa actriz galega Isabel Blanco será a presentadora da 5ª edición da Gala Lvcvs Moda, que se celebra o vindeiro día 7 de maio ás 21:00 horas no Museo Interactivo de Historia de Lugo-MIHL.

Filla de emigrados en Suiza, Isabel Blanco conta cunha ampla traxectoria en cine e televisión. Blanco converteuse nun rostro popular para os galegos a raíz da súa participación na serie Mareas Vivas, na que daba vida a María. Nesta serie, que marcou un fito na ficción galega, compartiu protagonismo con outros prestixiosos intérpretes, coma Luis Tosar, Luis Zahera, Miguel de Lira ou Camila Bossa. Pero esta non foi a única serie de éxito na que participou Blanco, xa que tamén tivo papeis protagonistas en ficcións galegas coma Rías Baixas, As leis de Celavella ou Avenida de América, e outras emitidas en cadeas de ámbito nacional, coma Nada es para siempre ou Abogados.

Isabel Blanco tamén conta cunha importante traxectoria na gran pantalla, interpretando maxistralmente papeis en filmes de gran éxito entre crítica e público, coma O lápis do carpinteiro ou Un franco, 14 pesetas, entre outras. Precisamente pola súa interpretación nesta última longametraxe, Blanco foi recoñecida co Premio Mestre Mateo á Mellor Actriz no 2006, galardón co que se alzou novamente na última edición destes premios do audiovisual galego, outorgados o pasado mes, pola súa interpretación na produción galega Todos os santos.

Este ano, os asistentes poderán gozar tamén coas actuacións previstas, entre as que destacan o espectáculo de danza en directo que ofrecerán os bailaríns de Ritmo Lugo, que se teñen proclamado Subcampións de Europa de Baile Artístico, ou de Arturo Cobas, o mimo Nono.

Máis de 100 profesionais
Isabel Blanco súmase así á lista de máis de 100 profesionais que participarán directamente na Gala Lvcvs Moda 2014 que, grazas ó intenso traballo de técnicos e bolseiros da Fundación TIC, contará cunha ampla cobertura en numerosos medios de comunicación.

Entre estes profesionais, estarán 7 deseñadores: Inpe-Abrigo Verde-SCQ; Luis Areñas para Manuela López; Manuel Bolaño; María Tacón, Mariola Lulú; Montse Arias e Tina Cortón. 18 firmas de artesanía de toda a provincia: Azaia; Beatriz Valín; Carmen López; Cecilia Carballo; Cesteríaviva; Corazóns Artesáns; Entretecido; Idoia Cuesta; Jara Rodríguez; M&N; Obradoiro; Obradoiro en lá; Paula Dimé; Ramón Álvarez; Rappa Taller; Sra. María; Vidal Revilla e Yanllan. 14 peluquerías: Attelier; Avalon; Eduardo Souto; Miriam Souto e Mohama; O Baúl da Beleza; Marta Campo; Meyva e Vanessa Martínez Estilistas. Tamén conta coa colaboración de 24 firmas: Adamascada Personal Shopper, Begano (Coca Cola); Cátering Central II; Deportes Marathon; Dick&Paul; Estrella Galicia; Estudios Abrigueiro; Hasta en un iglú; Hotel Méndez Núñez; IES Muralla Romana; M&N para Joyería Senén; Kubika; La postrería de Noe; Lolita Blu; Messalina; Modesto SantaEularia; Porta Castelli; Ramón rebolo; Restaurante España; Romago Spain; Secretos de Galicia; Torques; Zapatería Cuplé e Zapatería Zhoe, que prestarán o seu apoio á Gala Lvcvs Moda 2014.

PUNTOS DE VENDA DE ENTRADAS:
Inpe-Abrigo Verde-SCQ
R/ Miguel de Cervantes, 12. Lugo
982 805 011
Luis Areñas para Manuela López
Galerías Praza Maior/ Campo Castelo, baixo. Lugo
982 221 102
María Tacón
R/ Castelao, 59-entrechán 2. Lugo
982 231 893
Montse Arias
Rúa San Froilán, 44. Lugo
982 241 820
Tina Cortón
R/Xoán Montes, 3-1º D. Lugo
982 251 986
Attelier
R/ Concepción Arenal, 18. Lugo
982 227 854
Avalon Peluqueros
R/ Santo Grial, 11. Lugo
982 203 634
Eduardo Souto
R/Alexandre Bóveda, 16. Lugo
982 231 423
Marta Campo Peluquería
R/ Río Sil, 9- Baixo. Lugo
982 254 922
Meyva
R/ Galicia, 51. Lugo
982 252 607
Miriam Souto
R/ Camiño Real, 148. Lugo
982 200 345
Mohama
Praza do Rei, 17, baixo. Lugo
982 808 227
O Baúl da Beleza
Avda. de Vilalba, 2- Rábade. Lugo
982 391 093
Vanessa Martínez Estilistas
R/ Portugal, 61-entrechán. Lugo
982 201 753