Deputación de Lugo

A Deputación xa acometeu melloras en máis de 1.000 kilómetros de estradas de titularidade provincial

O Plan de Rebacheo 2013 comezou en xuño e conta cun investimento de máis de 5 millóns de eurosO organismo lugués xa acometeu melloras en máis de 20 concellos ós que se irán incorporando outros entre o mes de xullo e agostoNa actualidade as máquinas da Deputación están a traballar en Guitiriz, Begonte, O Saviñao, Cervantes e Abadín

A deputación acometeu melloras dentro do Plan de Rebacheo 2013 en máis de 1.000 kilómetros da rede viaria provincial. Un total de 50 operarios e 32 máquinas levan dende xuño traballando para acondicionar as estradas da provincia. O plan leva acometido melloras nunha vintena de concellos organizados por zonas segundo as necesidades de actuación. Deste xeito se realizaron tarefas de rebacheo en O Vicedo, Xove, Cervo, Burela, Ourol, Muras, Xermade, Vilalba, concellos que contan con 530 kilómetros de rede viaria provincial. Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna son outros municipios nos que se acometeron melloras nas estradas da Deputación, que suman 332 kilómetros en total. Nunha terceira zona se acometeron melloras nos concellos de Triacastela, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil onde a rede viaria de titularidade provincial conta con 313 km de estradas.

Na actualidade, dentro do plan da Deputación, os operarios están a traballar en Guitiriz, Begonte, Abadín, Cervantes e O Saviñao.

Os traballos do Plan de Rebacheo da Deputación se prolongarán ata agosto para mellorar as comunicacións nos 67 concellos da provincia o qeu supón arranxos en máis de 1.500 kilómetros de estradas.

Importante investimento

O Plan de Rebacheo da Deputación supón un importante investimento por parte do organismo provincial que inviste nestas actuacións 5 millóns de euros. Hai que ter en conta que a rede viaria provincial é a máis extensa de España cun total de 4.200 kilómetros de estradas. A Deputación actuará con este plan de acción na totalidade da rede con intervencións en 3.200 quilómetros.

Outras accións anteriores do organismo provincial permiten o aforro de custes de mantemento. A Deputación empregou en 1.000 kilómetros de estradas aglomerado en quente, material que mantén en boas condicións os viais por máis tempo, o que permite reducir, ano tras ano, a superficie de estradas que é preciso arranxar.

Outras actuacións

O Plan de Rebacheo é unha actuación importante da Deputación na rede viaria provincial pero non é a única. No afán do organismo provincial por mellorar as comunicacións acometéronse nos últimos anos notorias actuacións como a sinalización e o balizamento das vías dos 67 concellos lucenses. Entre outras actuacións, destacan a colocación de máis de 3.400 sinais, un milleiro de paneis direccionais e 400 balizas de neve. Ademais a Deputación sinalou coa sua denominación mediante hitos quilométricos todas as estradas da rede viaria provincial e instalou 13.000 metros de barreiras de seguridade e máis de 4.700 metros de proteccións de seguridade para motoristas.