Deputación de Lugo

A Deputación acondicionou o firme de preto de 700 quilómetros de estradas na Mariña

Imaxe deputación de lugo
O plan de rebacheo para este ano comprendía actuacións nos 14 concellos da zona norte que suman 666 quilómetros de estradas provinciais Actualmente se seguen a realizar tarefas de desbroce nos concellos de Xove, Ourol, Cervo, Trabada e A PontenovaA Deputación inviste nas melloras das estradas da Mariña máis de 500.000 euros

A Deputación ven de acondicionar o firme das estradas da zona norte da provincia. O plan de rebacheo para este ano 2013 comprendía melloras nas estradas de titularidade da Deputación por valor de máis de 500.000 euros só na Mariña. Entre os 14 concellos que se agrupan nesta zona suman 666 quilómetros que todos os anos son supervisados polos técnicos da Deputación.

O plan de Rebacheo comprendeu melloras no firme das estradas dos concellos de O Vicedo, Xove, Viveiro, Ourol, O Valadouro, Cervo, Burela, Foz, Lourenzá, Barreiros, Ribadeo, Trabada, A Pontenova e Allfoz.

Dende a Deputación insisten nas dificultades de mantemento da rede viaria provincial, a máis extensa de España con 4.200 quilómetros de estradas. Para a realización destas actuacións os técnicos teñen en conta tamén as condicións climatolóxicas de cada zona e recordan que a institución provincial realizou outras melloras no firme destas estradas colocando sinalización ou acondicionando con aglomerado en quente máis de 1.000 quilómetros.

Pola súa banda, o plan de desbroce comezou precisamente pola zona da mariña, limpando as beiras das estradas que dan ás praias de Viveiro, Xove e O Vicedo. Na actualidade, tras rematar as tarefas de roza nos concellos de Foz e Ribadeo, os operarios están a traballar en Xove, Ourol, Cervo, trabada e A Pontenova. Estes datos significan a metade dos quilómetros que está previsto limpar na Mariña. Traballos nos que se invisten 80.000 euros.


Importante esforzo económico da Deputación
Estas actuacións supoñen un importante esforzo da Deputación por manter en bo estado a rede viaria provincial, a máis extensa do Estado con 4.200 km. Os plans de roza e rebacheo contan con orzamentos de 600.000 euros e 5,5 millóns de euros, respectivamente.

O plan de roza da rede viaria da Deputación mobiliza 70 operarios e 50 máquinas co obxectivo de previr incendios e aforrar custes. Pola súa banda, para desenvolver o plan de roza, a Deputación contratou estas actuacións a 23 autónomos e pequenas empresas da provincia, precisamente, para potenciar os seus negocios, contribuíndo ó impulso da economía e ó mantemento de postos de traballo en Lugo ante a crise.