Deputación de Lugo

Un centenar de persoas desfrutaron da primeira xornada de Lugoteando en Lugo

A Deputación cerra en Lugo a temporada estival, cun gran éxito de convocatoria ao completárense todas as prazas dispoñibles Os asistentes poderán desfrutar de actividades como paddle surf, sea scooter, skates a motor ou as bolas acuáticas

A Deputación leva, esta fin de semana, a súa proposta de actividades lúdicas do programa Lugoteando á localidade de Lugo, onde se poden practicar multitude de actividades de carácter lúdico e deportivo. A programación inclúe actividades como paddle surf, que consiste en desprazarse sobre unha táboa de surf axudándose dun remo; un simulador de surf, co que as persoas poden saber o que se sinte ó cabalgar sobre as olas;sea scooter, un motor con hélice, que facilita mergullarse; skates a motor, patinetes acuáticos, pequenas embarcacións que se desprazan co pedaleo, ideais para os máis pequenos; canoas e bolas acuáticas. Mañá repítese esta oferta de ocio, coas prazas xa cubertas, e a participación doutras 100 persoas que xa se apuntaron a esta exitosa iniciativa da Deputación. A actividade está deseñada para nenos e familias, e desenvólvese en horario de 15:00 a 20:00 horas na área recreativa de Os Robles. Debido ó gran éxito das actividade en convocatorias anteriores, as 200 prazas que se ofertaban para os dous días están cubertas.

O medio ambiente, xerador de riqueza

A Deputación aposta polos recursos fluviais e litorais da provincia como oportunidades económicas. Lugoteando é unha das actividades que organiza durante todo o ano, potenciado o turismo e o ocio medioambiental, e xerando riqueza. Esta é a 4º edición desta programación, que foi todo un éxito nas anteriores convocatorias grazas á participación de milleiros de persoas que desfrutaron das actividades e que contribuíron a impulsar establecementos lucenses de diferentes sectores (dende os de multiaventura ós da hostalería), mantendo postos de emprego, especialmente no rural, e axudando a fixar poboación.