Deputación de Lugo

A Deputación leva por toda a provincia obradoiros, conferencias e rutas medioambientais gratis para familias

Sonsoles López Izquierdo presentou a nova programación de actividades que impulsa a institución dende o Centro de Interpretación de Terras do MiñoA iniciativa inclúe 15 obradoiros, 2 conferencias e 3 rutas de sendeirismo, dirixidos a persoas de todas as idades, que terán lugar nas zonas centro, sur e norte luguésAberta solicitude en www.deputacionlugo.org. Máis información no 982 227 812

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, presentou este luns a nova programación de actividades gratuítas para persoas de todas as idades, que a institución impulsa dende o Centro de Interpretación Terras do Miño. López Izquierdo avanzou que esta iniciativa inclúe obradoiros, conferencias e rutas de sendeirismo, que se levarán por toda a provincia, poñendo en valor a riqueza natural lucense.

Deste xeito, o organismo provincial levará 15 obradoiros (8 para nenos, 5 para adultos e 2 para toda a familias) a Ribadeo, Viveiro, Monforte de Lemos e Ribas de Sil; celebrará 3 rutas de sendeirismo nos Ancares, Guitiriz e O Courel; e ofrecerá 2 conferencias no Centro de Interpretación Terras do Miño, situado no contorno do Río Rato.

Os 15 obradoiros terán lugar nos seguintes puntos e datas:

- Coñece o teu entorno, que terá lugar o 28 de outubro en Viveiro; 9 de novembro en Lugo; 14 de decembro en Ribadeo e 28 de decembro en Ribas de Sil.
- Economía sostible no fogar, 14 de novembro e 12 de decembro en Lugo; 29 e 30 de outubro en Viveiro; 27 e 28 de novembro en Ribadeo; 4 de novembro en Monforte, e 28 de decembro en Ribas de Sil.
- Achegamento á micoloxía-I, 16 de novembro, Centro de Interpretación Terras do Miño.
- Achegamento á micoloxía-II, 30 de novembro, Centro de Interpretación Terras do Miño.
- Xogando no Centro de Interpretación Terras do Miño, 6, 7 e 8 de decembro.
- O Nadal chega ó Centro de Interpretación, 26 e 27 de decembro.
- O bosque dos sentidos, 2 de xaneiro no Centro de Interpretación.
- Paseo polo bosque máxico, 3 de xaneiro, no Centro de Interpretación.

Rutas e charlas

As rutas temáticas son as seguintes:

- 27 de outubro: “Augas levadas”, Serra do Caurel
- 24 de novembro: “Augas que furan”, Covas de Furco
- 15 de decembro: “Augas que curan”, Guitiriz

As charlas que ofrecerán recoñecidos expertos son:

- A interpretación do patrimonio como ferramenta de comunicación e xestión en espazos naturais e bens culturais, 24 de outubro, ás 19:00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño:.
- Curiosidades micolóxica: 21 de novembro, ás 19:00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño.

As persoas interesadas en participar en calquera destas actividades pode obter máis información e inscribirse na páxina web www.deputacionlugo.org  ou chamando ó teléfono 982 227 812.