Deputación de Lugo

A Deputación impulsa o foro Reaviva o teu barrio, que analizará o papel do urbanismo coma motor de cambio e xerador de riqueza

Imaxe deputación de lugo
A institución provincial financia esta xornada na que os expertos analizarán os novos modelos de rehabilitación urbanística partindo do exemplo da zona lucense do Agro do RoloAs rehabilitacións integrais inflúen na mellora das condicións de vida, creando modelos de convivencia que potencian as relacións humanas e xeran emprego directo e indirectoExemplo disto é a praza de San Marcos, 1º praza wifi da cidade, cuxa profunda reforma trouxo consigo a rehabilitación de edificios ou a apertura de novos negocios

A Deputación de Lugo impulsa a celebración da 1ª Xornada Reaviva o teu barrio, organizado polo lucense Gabinete de Urbanismo e Arquitectura GAU, que reunirá o vindeiro 26 de outubro en Lugo a destacados especialistas en urbanismo. Nesta xornada, financianciada pola institución provincial, analizaranse diferentes mecanismos de recuperación de espazos urbanos, empregando coma modelo a zona lucense do Agro do Rolo, así coma as novidades e aspectos máis destacados da nova Lei de Rehabilitación, Rexeneración e Renovación Urbana.

Os expertos porán sobre a mesa as súas experiencias persoais, en cuestións de actualidade coma os diferentes modelos de rehabilitación actuais, que buscan a implicación dos veciños, principais axentes interesados polo seu dobre papel de propietarios e usuarios. Do mesmo xeito, abordarán aspectos tan interesantes coma o feito de que as reordenacións e rehabilitacións integrais dos barrios inflúen na mellora das condicións de vida, contribuíndo a crear modelos de convivencia que potencian as relacións humanas e culturais e que incentivan a creación de emprego directo e indirecto e, polo tanto, de riqueza.

O exemplo da praza San Marcos

Un perfecto exemplo de coma as actuacións urbanísticas con capaces de cambiar os hábitos, mellorando a calidade de vida dos veciños, é a praza de San Marcos. A ampla reforma levada a cabo co Plan Urban, que fixo dela a 1ª praza wifi da cidade, trouxo consigo positivos efectos, coma a rehabilitación de edificios antigos ou a apertura de novos negocios, que fixeron que este espazo pasara de ser unha rúa de tránsito a un espazo de actividade para os lucenses: xentes de todas as idades conectadas á rede wifi gratuíta da Deputación de Lugo; lugar de xogos para os máis pequenos; integración coma escenario de celebración de actos festivos, etc.