Deputación de Lugo

A Deputación inicia hoxe a formación gratuíta sobre profesións de futuro para 250 lucenses

Imaxe deputación de lugo
José Luis Raposo inaugurou este xoves a primeira das 6 accións formativas que organiza a institución dende hoxe e ata o sábado na Granxa Gayoso Castro, Guitiriz e ChantadaMáis de 1.400 persoas participarán no Fórmate en Verde, unha das 10 liñas de creación de emprego da Deputación. Aberto o prazo en www.deputacionlugo.org 

A Deputación inicia hoxe a formación gratuíta sobre profesións de futuro, como o son a agricultura e a gandeiría ecolóxica, así como o sector forestal, para os 250 lucenses que se inscribiron nas xornadas deste xoves, venres e sábado do Fórmate en Verde, unha das 10 liñas de creación de emprego do organismo provincial. O Deputado provincial José Luis Raposo inaugurou esta mesma tarde a primeira das 6 accións formativas para esta semana.

Fíxoo na Granxa Gayoso Castro onde, durante estes tres vindeiros días, a institución formará gratis a 100 persoas sobre gandeiría ecolóxica, un sector que incrementou o número de vendas dos seus produtos nun 60% nos últimos 5 anos, dando conta das súas oportunidades laborais. Os participantes recibirán asesoramento para mellorar a produtividade das súas explotacións coas seguintes 4 xornadas nas instalacións chairegas: gandería ecolóxica e parasitismo (que tivo lugar hoxe); benestar animal e gandería (mañá, 29 de novembro); manexo de enfermidades en gandería ecolóxica (sábado, 30 de novembro); e gandeiría ecolóxica homeopatía veterinaria (sábado, 30 de novembro).

Sector forestal e agricultura ecolóxica

O sector forestal baseará a xornada formativa gratuíta de mañá, na Casa Habanera de Guitiriz, onde 50 persoas participarán en “As produccións non madereiras do bosque”. A agricultura ecolóxica, sector que pasou de facturar 400.000 euros no ano 2000 en Galicia ós 21 millóns de euros da actualidade, é dicir, incrementou os seus beneficios nun 4.000%, centrará a acción formativa gratuíta do sábado, 30 de novembro, que terá lugar no edificio sindical de Chantada. As 100 persoas, que xa formularon a súa solicitude para este curso, coñecerán os últimos sistemas da produción de setas, como acadar a súa certificación, así como incrementar a súa comercialización, coa xornada “Micoloxía e Micorrización”.

A Deputación mantén aberto en www.deputacionlugo.org o prazo de inscrición para as vindeiras 4 accións formativas do Fórmate en Verde. En total, con esta liña de creación de emprego da Deputación, máis de 1.400 persoas recibirán formación gratuíta sobre profesións de futuro.