Deputación de Lugo

A Deputación acolle o xoves un debate aberto e gratuíto, sobre o papel dos sectores público e privado ante a crise

Imaxe deputación de lugo
O organismo provincial e Economía Dixital, en colaboración co grupo El Progreso, organizan esta nova xornada do ciclo Galicia en clave económica, que terá lugar o xoves, 28 de novembro, ás 19:30 horas no Salón de ActosO debate é aberto á participación, fomentando a implicación da cidadanía na busca de alternativas laborais e solucións fronte á crise económica

A Deputación de Lugo e Economía Dixital, en colaboración co grupo el Progreso, organizan o vindeiro xoves, 28 de novembro, ás 19:30 horas no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, un debate aberto e gratuíto, no que expertos galegos abordarán o papel dos sectores público e privado ante a crise económica.

O debate contará coa participación de:

Jorge González Gurriarán, catedrático de Organización de Empresas da Universidade de Vigo. Foi director xeral de Vulcano. No sector público ocupou o cargo de Director Xeral da Xunta. Elaborou o primeiro Plan Económico de Galicia e ademais foi director do IGAPE.

Xaquín Álvarez Corbacho, catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña. Membro do Consello de Contas de Galicia. Experto en municipalismo e facendas territoriais.

Antonio Izquierdo Escribano, catedrático de Socioloxía da Universidade da Coruña. Forma parte do “Consejo Asesor del Centro de Investigaciones Sociológicas”. Foi representante de España na “Organización para la Cooperación y Desarrollo Económico”.

Estes recoñecidos profesionais analizarán o papel dos sectores público e privado ante a crise, dende perspectivas diferentes, como a economía e a socioloxía. Abordarán a situación do Estado como motor de desenvolvemento e necesario eixo vertebrador, ademais do entorno empresarial como factor de crecemento ou os principais retos ós que se enfronta a sociedade nos vindeiros anos.

O ciclo Galicia en Clave económica promove a busca de solucións ante a crise a través do debate entre a cidadanía. As charlas son abertas ó público e a participación gratuíta. A iniciativa da Deputación afonda nas potencialidades da economía galega, os sectores emerxentes e as apostas decididas para consolidar un modelo produtivo. A iniciativa non só analiza a situación económica actual coa participación de expertos de renome, senón que tamén ofrece alternativas e solucións para saír da crise.

O ciclo de debates sorbe a situación económica continuará no mes de decembro cunha charla sobre alternativas laborais ó paro.