Deputación de Lugo

A Deputación reivindica a posta en valor da creatividade lucense como xeradora de riqueza colaborando coa Asociación Pelirroja

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Presidente da Asociación de Peluquería, Estética e Afíns Pelirroja, Eduardo Souto, presentaron hoxe o evento de carácter benéfico que este colectivo celebrará o 27 de febreiro na capital lucenseMéndez destacou que a Deputación “mantén unha aposta clara polas ás Pemes e autónomos da provincia, especialmente agora que situación non é a máis optimista”, logo de que máis de 100 peluquerías pecharan as súas portas dende 2012

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, acompañada polo Presidente da Asociación de Empresarios de Peluquería, Estética e Afins, Pelirroja, presentaron este venres o evento que o colectivo ten organizado para o vindeiro día 27 de febreiro, e no que os profesionais do sector lucense reivindicarán unha vez máis, a importancia do sector na provincia.

Esta iniciativa, a terceira que pon en marcha esta asociación dende o seu nacemento en setembro de 2013, convertirase novamente un acto de reivindicación da calidade dos profesionais da provincia, que xogan un importante papel destacado na xeración de riqueza e creación de postos de traballo. Tal e como destacou Méndez, “a creatividade lucense é unha oportunidade económica de primeiro nivel, como teñen deixando patente eventos como a Gala Lvcvs Moda”. Ademais, a Vicepresidenta Segunda salientou que a Deputación “mantén unha aposta clara polas Pemes e autónomos da provincia, especialmente agora que situación non é a máis optimista”, en alusión ás medidas postas en marcha polos Gobernos central e autonómico, que teñen afectado especialmente a estes profesionais.

De feito, tal e como destacou Eduardo Souto, dende 2012 pecharon na provincia máis de 100 negocios –dos algo máis de 900 rexistrados nese ano pasaron a ser uns 800-, 10 dos cales o fixeron só nos últimos catro meses, o que “dá unha idea dos problemas ós que nos enfrontamos”. Souto insistiu en que a saída á crise pasa pola profesionalización do sector e unha maior conciencia empresarial.

O evento celebrarase o vindeiro día 27 de febreiro, ás 21:30 horas, e terá carácter benéfico posto que o recadado coa venda das entradas, que se poden adquirir nos negocios asociados a un prezo de 15 euros, irá destinado a axuda social.