Deputación de Lugo

A Comisión organizadora da MOEXMU visita as futuras instalacións do centro público de recría de gando vacún da Deputación

Lara Méndez mantivo unha reunión cos organizadores da cita para pechar os detalles da colaboración con este evento, que se celebrará entre os días 4 e 6 de abril en MuimentaO organismo provincial achega 3.000 euros e cede 4 animais do rabaño de elite da Granxa Gayoso Castro para axudar á financiación desta importante cita para o sector primarioA institución luguesa impulsa deste xeito o que é un destacado revulsivo económico para a Terra Chá, ó reunir cada ano a máis de 12.000 persoas e acadar un volume de negocio superior ós 300.000 euros

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, mantivo este mércores un encontro cos membros da Comisión da Mostra Exposición de Muimenta (MOEXMU), para pechar os detalles da colaboración do organismo provincial coa organización do evento que celebrará os vindeiros 4, 5 e 6 de abril a súa 30ª edición e a posterior visita realizada ás futuras instalacións do que será o 1º centro público de recría de gando vacún de España.

O organismo provincial colabora un ano máis cos organizadores desta cita, que contarán novamente cunha achega de 3.000 euros e con 4 animais do rabaño de elite da Granxa Gayoso Castro, cedidos para unha poxa coa que se recadarán fondos para financiar o evento. Trátase de 4 novillas de raza frisona preñadas, cunha excelente calidade xenética, que a Comisión subastará para recadar fondos para a organización do evento, ó tempo que servirá para promocionar as excelentes cualidades deste rabaño entre o público e gandeiros participantes. De feito, os 4 animais cedidos o pasado ano acadaron un prezo conxunto de 6.000 euros.

A calidade dos animais puido ser comprobada in situ por membros da comisión e gandeiros da provincia que se achegaron ata as instalacións de Castro Ribeiras de Lea, onde Méndez destacou “a aposta do organismo provincial por citas como a MOEXMU, que son capaces de poñer en valor o traballo de gandeiros e as posibilidades do sector, xerador de emprego e recursos económicos para a provincia”.

Xunto coa cesión das novillas e da achega económica, a Deputación colabora coa cita ampliando a oferta lúdica con outras actividades, e contribuír así á afluencia de público. O Centro de Artesanía e Deseño desprazará ó recinto feiral unha exposición de cestería en vimbio, que poderá ser visitada no recinto feiral durante os días da mostra, ademais de ter organizadas varias demostracións en vivo do traballo dun ferreiro e dun cesteiro. A Fundación TIC, dependente da Deputación, cubrirá coas súas cámaras todas as actividades programadas para elaborar diferente material audiovisual promocional para difundir en redes sociais e medios de comunicación.

Visita ó 1º centro público de recría de España

A comisión organizadora e os gandeiros presentes hoxe na Granxa aproveitaron a súa visita para coñecer a evolución dos traballos de formigonado das 13 naves que albergarán o 1º Centro Público de Recría de gando vacún de España, o proxecto gandeiro máis revolucionario levado a cabo en Galicia nas últimas décadas, xa que duplicará a capacidade de recría na Comunidade, e permitirá ós gandeiros aforrar custes e obter novos ingresos.

Este proxecto, que a institución luguesa financia ó 100% con case 12 millóns de euros (5,3 millóns na última fase e 6 millóns na primeira fase), continúa adiante malia as trabas do Goberno galego, suporá un decisivo impulso a un sector clave para economía galega. Con capacidade para 3.000 animais e 25.000 metros cadrados de instalacións autosuficientes na xestión de residuos e enerxía, o Centro de Recría xerará un volume de negocio de 3 millóns ó ano no sector gandeiro da provincia.

Máis de 12.000 persoas

A cita de Muimenta é un importante revulsivo económico para toda a Comarca da Terra Chá, reunindo cada ano a máis de 12.000 persoas e acadando un volume de negocio durante os días da mostra superior ós 300.000 euros.

Este ano celebrarase a 28ª edición do Concurso de Gando Frisón, único da provincia, no que participarán 141 animais de ganderías de toda Galicia, e a 16ª Poxa de Gando Selecto. A cita complétase con 20.000 m2 de expositores de venta de artesanía, maquinaria, alimentación e todo tipo de produtos relacionados co sector agrogandeiro.