Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo lamenta o falecemento do policía nacional lucense

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro fixo chegar, no seu nome e no da Corporación provincial, as súas condolencias á familiares e achegados de José Manuel Pardo Souto, así como o recoñecemento á súa meritoria actuación.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, fixo chegar, no seu nome propio e no de toda a Corporación provincial, as “máis sinceiras e emotivas condolencias” a familiares e amigos do Policía Nacional José Manuel Pardo Souto, traxicamente falecido onte. Igualmente, o Presidente transmitiu ós achegados do axente falecido o recoñecemento “á súa meritoria actuación profesional”.

José Manuel Pardo Souto, natural do Concello lucense das Nogais, resultou ferido de gravidade a causa dun accidente ocorrido durante un servizo no 2012. Antes do seu enterro, que se celebrará mañá no seu Concello natal, imporáselle a Medalla de Plata ó Mérito Policial a título póstumo.