A Deputación vai a estar en primeira liña cos veciños, esixindo á Xunta que cumpra cos compromisos adquiridos no Hula
A Deputación vai a estar en primeira liña cos veciños, esixindo á Xunta que cumpra cos compromisos adquiridos ó respecto do Hula. Así llo trasladou hoxe Regina Polín a Jesús Vázquez tras avanzar que os veciños reanudarán as mobilizacións, posto que o Goberno galego non está disposto a dotar á provincia de Lugo de Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear ata dentro de 2 anos polo menos. O Executivo autonómico incumpre, deste xeito, o acordo unánime acadado no Parlamento galego. Regina Polín, que tamén é Presidenta da Asociación do Cancro de Guitiriz, salientou que é incomprensible a falta de sensibilidade da Xunta, que non sabe o que padecen ducias de familias lucenses.
Jesús Vázquez explicou as medidas que tomará a Comisión do Hula, integrada pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo que preside e a Asociación Abre la Muralla:
1º medida.- Faremos algo novidoso baixo o lema nosotros creíamos en la palabra del Presidente de la Xunta. A próxima semana sacaremos ás rúas da capital luguesa un coche para que os veciños escoiten o que anunciou Feijóo durante a inauguración do Hula, cando dixo, publicamente, que, en 3 meses, contaríamos con estes servizos. Pasaron 3 anos e nada. Agora, despois da aprobación da ILP, dinnos que teremos que esperar outros 2 anos. A nosa intención é que a xente o escoite e valore.
2º medida.- Iremos ós actos da campaña electoral do 25M, non para rebentar ningún acto, nin para politizar nada, senón para aparecer testimonialmente coa nosa pancarta.
3º medida.- Recomendaremos a todos os partidos políticos que fagan a ruta do cancro. Estou seguro de que Feijóo aceptará a nosa proposta, de que o Presidente da Xunta a fará para logo dar conta da súa experiencia no Parlamento.
4º medida.- Pediremos a dimisión da Conselleira de Sanidade por inepta e incompetente. Creemos que nos está capacitada para dirixir a sanidade, polo menos a de Lugo. Leva 2 anos sen recibirnos. Parece que 43.000 firmas non foron suficientes para que nos atenda 10 minutos.
Non é a nosa ILP é a do Partido Popular
5º medida.- Demandamos que se retire a enmenda do Partido Popular porque baleira de contido todo o que nós presentamos, non se tramita pola Lei de Sanidade que nós pedíamos, non garante a prestación como servizo público, alonga os prazos en exceso...non é a nosa ILP en todo caso é a ILP do Partido Popular.
6º medida.- Na segunda quincena do mes de xuño convocaremos ós lucenses a outra manifestación.
Cos custes actuais poderíamos ter Hemodinámica as 24 horas
Non sabemos xa que facer para sensibilizar a esta xente. Seguimos sen Radioterapia, Medicina Nuclear e cun servizo de Hemodinámica co que non se pode infartar pola tarde, temos que ser disciplinados. O doutor Somoza desmostrou que cos custes actuais poderíamos ter un servizos 24 horas. É inadmisible. ¿E por que non o temos?. Porque non hai vontade política e por intereses políticos que se nos escapan. Mentres, os lucenses morren polo camiño tal e como recoñece o Sergas, constatando a mortes de varios lucenses nos últimos anos.
Apoio recoñecido
Membros da Comisión do Hula recoñeceron persoalmente o apoio da Deputación de Lugo ás súas reivindicacións. E é que o organismo provincial aprobou varias mocións no Pleno, esixindo á Xunta Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear para o Hula, así como servizos para o antigo Hospital Xeral. Todos os Deputados do Goberno Provincial apoiaron a campaña de recollida de sinaturas para a presentación da ILP. Ademais, a Deputación secundou as manifestacións celebrada neste senso, tanto as dúas en reclamo de servizos para o Hula, que tiveron lugar en xaneiro e xuño de 2013, sendo esta última a máis multitudinaria na provincia, ó acadar a participación de 18.000 persoas; como as organizadas polos veciños do barrio da Residencia.