Deputación de Lugo

A de Lugo, a Deputación de Galicia con menos débeda según datos oficiais do Ministerio de Facenda

Imaxe deputación de lugo
- O organismo provincial lugués rematou o 2013 cunha débeda de 31 millóns, fronte ós 67 millóns da Deputación de Pontevedra, 45 de Ourense e 43 da Coruña - O Goberno de Gómez Besteiro rebaixou a débeda da institución luguesa en 92 millóns de euros. No 2007, o endebedamento era de case 123 millóns de euros - A Deputación de Lugo avanza cara o obxectivo de débeda cero no 2016. Este ano, xa rematará cun endebedamento inferior ós 24 millóns de euros

A de Lugo é a Deputación de Galicia menos endebedada, segundo o último informe sobre a débeda viva publicado polo Ministerio de Facenda. A 31 de decembro de 2013, a débeda do organismo provincial lugués situábase nos 31 millóns de euros, fronte ós 67 millóns de euros da Deputación de Pontevedra, 45 millóns de euros da de Ourense e 43 millóns de euros da Coruña. A de Lugo mantense á cabeza das Deputacións de España con menos débeda, ocupando o 8º posto.

Case 123 millóns de euros era a débeda da Deputación de Lugo no 2007. Sen deixar de investir e malia o recorte nun 30% das aportacións do Estado á institución luguesa, o Goberno Provincial de José Ramón Gómez Besteiro reduciu esta cifra en 92 millóns de euros ata 2013. En contraposición, a Xunta de Galicia, que contaba cunha débeda de 3.000 millóns no 2009, incrementouna ata os 9.900 millóns de euros en só 5 cinco anos, tendo xa máis débeda que orzamento.

Cara a débeda cero
No 2014, o organismo provincial lugués rebaixará máis o seu nivel de endebedamento. Ata o momento, xa aprobou unha amortización anticipada de débeda de 13,3 millóns de euros. Isto suporá que o endebedamento se sitúe nos 24 millóns de euros ó remate deste exercicio. O obxectivo é reducila aínda máis ó longo deste ano e acadar a débeda cero no 2016. 

A de Lugo é, ademais, a Deputación galega que máis rápido paga ós provedores, cunha media de pago de 8,9 días, dende que se conforma a factura ata que se aboa.