Deputación de Lugo

A Deputación súmase ás mobilizacións no HULA polo maior peche de camas na historia do Sergas

A Deputación de Lugo súmase ás mobilizacións no HULA polo maior peche de camas na historia do Sergas, nun momento no que as listas de espera son tamén históricas, con máis de 60.000 persoas en toda Galicia, segundo datos dos sindicatos.

Serán máis de 1.200 as camas que peche Sanidade nos hospitais galegos. Isto engádese ó bloqueo das axencias de Atención Primaria, ós colapsos nos servizos de urxencia ou ó peche de servizos, como é o caso de Xeriatría de Lugo malia rexistrar unha ocupación do 100%. 

O organismo provincial comparte as denuncias dos sindicatos, que manteñen que “todas estas medidas da Xunta do PP están encamiñadas á privatización e ó desmantelamento da Sanidade Pública”.