Deputación de Lugo

Un milleiro de persoas percorreron os 800 anos de historia da Pegada de San Francisco en Galicia, mostra que acolleu a Capela de Santa María

Imaxe deputación de lugo
- Esta exposición de acceso gratuíto, mostrou por vez 1ª no país 40 pezas históricas que ofrecen unha completa visión da influencia da orde franciscana na historia e arte galegas xusto cando se cumpren 8 séculos da súa chegada -A pegada de San Francisco en Galicia continuará exhibíndose en Santa María do Real do Cebreiro a partir do 6 de novembro e na Hospedaría de San Martiño Pinario dende o 12 de decembro

Un milleiro de persoas percorreron os 800 anos de historia da Pegada de San Francisco en Galicia, a mostra de acceso gratuíto, que acolleu en primicia, durante os meses de setembro e outubro, a Capela de Santa María. Esta exposición congregou 40 pezas por primeira vez no país reunidas nun mismo lugar, ofrecendo unha completa visión, dende moi diferentes puntos de vista, da influencia da orde franciscana na historia e arte galegas xusto cando se cumpren oito séculos da súa chegada. De feito, esta foi a primeira vez que todos os obxectos presentes, todos eles de gran valor histórico e artístico, saíron dos seus lugares de exposición e depósito habituais para amosarse ao público nunha mostra itinerante.

Trátase dunha corentena de pezas, dende documentos ata pinturas ou esculturas pasando por relicarios e testamentos do siglo XVI, procedentes do Convento de San Francisco de Santiago de Compostela, tanto do Arquivo como da Biblioteca; do Museo de Terra Santa, do Santuario de Santa María de A Real e das parroquias de O Temple e de Veiga das Forcas, de Pedrafita do Cebreiro, xunto con outros procedentes do Museo Catedralicio de Lugo.

A pegada do legado franciscano tamén no Cebreiro
O Cebreiro, lugar que garda unha estreita relación con esta tradición, será a vindeira parada desta mostra itinerante que amosa o legado franciscano galego. A Igresa de Santa María do Real acollerá a corentena de obxectos a partires do 6 de novembro e para rematar, transladarase á Hospedaría de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela dende o 12 de decembro.