Deputación de Lugo

O Barco Muralla da Deputación amarra na Fonsagrada tras recibir a visita de preto de 9.000 persoas en dous meses

Imaxe deputación de lugo
- A aula lúdico-medioambiental do organismo provincial estará esta fin de semana no municipio fonsagradino, onde se agarda a visita de centos de persoas con motivo da feira - A rúa Hortensia desta vila será a sétima parada do Barco nesta tempada, que continuará coa súa ruta por máis de 70 localidades e numerosos centros escolares de toda a provincia - A bordo do Barco Muralla viaxan os libros oficiais da UNESCO para asinar en apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

O Barco Muralla da Deputación amarrará esta fin de semana, 6 e 7 de setembro, na Fonsagrada, en concreto na rúa Hortensia, que será a sétima parada desta aula lúdico-medioambiental que recibiu a visita de preto de 9.000 persoas nesta nova tempada posta en marcha hai 2 meses. Nesta parada agárdanse centos de visitantes, xa que a súa estancia coincide coa feira mensual deste municipio.

Así, a aula turístico medioambiental, financiada nun 80% con fondos europes a través do programa Lug02, xa aproveitou varias citas festivas destacadas para fondear en diversas localidades lugesas. O Barco Muralla navegou ata Meira coincidindo coa Festa da Malla, ata Monforte, durante as festas patronais; ata Burela durante a festa do Bonito e PRODART e ata Foz na celebración do San Lourenzo. Milleiros de lucenses e visitantes que se achegaron a estes Concellos con movito das citas festivas aproveitaron para participar nas actividades desta iniativa da Deputación.

Logo de fondear na Fonsagrada, o Barco partirá cara outros destinos da provincia ata recalar en 70 localidades. Navia de Suarna será a próxima parada, o vindeiro domingo 21 de setembro. Ademais, en resposta ás numerosas peticións por parte de asociacóns de pais e nais e outros membros da comunidade educativa, a Deputación volverá a chegar o Barco ata centros eductivos de todo Lugo.

Apoio á Ribeira Sacra
A bordo do Barco Muralla viaxan os libros oficiais da UNESCO, nos que todos os que o desexen poderán dexiar a súa sinatura en apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Do mesmo xeito, esta aula turística ofrece material informativo acerca da riqueza medioambiental da provincia, así como de produtos autóctonos.