Deputación de Lugo

Aberta a solicitude dos descontos do 50% na matrícula do Campus de Lugo que ofrece a Deputación

Imaxe deputación de lugo
- Dende hoxe e ata o mércores incluído, poden solicitalos os estudantes que se incorporen a 7 graos. Xa se beneficiaron destes descontos 145 persoas que se matricularon en xullo - As bolsas para gastos na matrícula é unha das 13 medidas do Plan de Choque en impulso do Campus de Lugo, que financia a Deputación con 500.000 euros

A Deputación ofrece dende hoxe e ata o mércores incluído, período da nova fase de preisncrición na USC, novos descontos do 50% nos custes da matrícula. Están dirixidos a estudantes que se incorporen a 7 graos do Campus de Lugo: Enxeñería en Procesos Químicos Industriais; Enxeñaría Civil; Enxeñaría en Xeomática e Topografía; Enxeñería Agrícola e Agroalimentaria; Enxeñaría Forestal e do Medio Natural; Lingua e Literatura Españolas; Ciencias da Cultura e Difusión Cultural. O desconto realízase de xeito automático no momento de pagar as correspondentes taxas universitarias.

O organismo provincial xa ofreceu estes descontos durante o prazo de preinscrición da USC en xullo, beneficiando a 145 estudantes. As bolsas para gastos de matrícula enmárcanse no   Plan de Choque en impulso do Campus de Lugo, que ten en marcha Deputación e USC.

Deste xeito, continúan coa campaña #paraestudarlugo, que promociona a calidade de vida de Lugo, o Campus lucense como destino para os novos universitarios, ó ter unha das ofertas máis plurais de Galicia, e a matriculación en determinados graos. O microsite http://paraestudarlugo.com recolle as principais características que definen á cidade e ó Campus. Pódese atopar máis información en http://paraestudarlugo.com, nas contas de Twitter da USC (@UniversidadeUSC) e da Deputación de Lugo (@depulugo), así como na páxina de Facebook do organismo provincial, https://www.facebook.com/diputacionlugo.

500.000 euros
A Deputación inviste 500.000 euros no Plan de Choque que, xunto ás bolsas para gastos de matrícula e á campaña de difusión do Campus de Lugo, inclúe 13 medidas: 

  1. Realización dun plan de promoción de Lugo como cidade universitaria e das titulacións do Campus de Lugo.
  2. Determinación dun plan de bolsas para gastos de matrícula nas titulacións con problemas de demanda.
  3. Plan de captación de estudantes doutras nacionalidades.
  4. Desenvolvemento dun plan de apoio para as prácticas de campo.
  5. Determinación dun plan de bolsas de investigación en grupos.
  6. Fomento das titulacións de Máster.
  7. Potenciación para a realización de cursos de verán na provincia de Lugo.
  8. Estudo sobre a posibilidade de utilizar a Granxa Gayoso Castro para a realización de prácticas universitarias.
  9. Impulso da docencia semipresencial ou a distancia mediante a implantación de novas tecnoloxías.
  10. Incentivos de Traballos de Fin de Grao e Traballos Fin de Máster.
  11. Impulso da divulgación científica e a captación de novos talentos.
  12. Estudo sobre a posibilidade de incrementar os fondos existentes na Biblioteca     Intercentros do Campus de Lugo.
  13. Análise das infraestruturas deportivas e docentes.