Deputación de Lugo

A Deputación acolle hoxe un innovador concerto gratuíto, a ritmo de latexos de corazón

Imaxe deputación de lugo
- López Izquierdo asistirá a este espectáculo musical que terá lugar hoxe mércores no Salón de Actos do organismo provincial a partir das 20:30 horas - O concerto emprega o ritmo cardíaco gravado en vinilo sobre o que Díaz interpretará sons como os da zanfona e outros instrumentos mecánicos

O Salón de Actos da Deputación acolle hoxe mércores a partir das 20:30 horas o innovador concerto gratuíto Método Cardiofónico do zanfonista afincado en Lugo Germán Díaz. Este espectáculo musical básase nos ritmos do latexo do corazón que o doctor Iriarte gravou hai máis de 70 anos e que logo editou en placas de pizarra con nome de Método Cardiofónico.

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, asistirá a esta función xa que se enmarca dentro da labor da institución luguesa de recuperación colectiva, de conservación e de potencialización da tradición cultural galega e lucense.

Música co corazón. Así se define este novo espectáculo que emprega o ritmo cardíaco gravado en vinilo sobre o que Germán Díaz interpretará sons como os da zonfona ou instrumentos mecánicos (playasax, rolmónica cromática, o órgano de barbaía e a caixa de música) que se suman á gravación de loops sobre a marcha. Deste xeito, Díaz ofrecerá un directo no que a improvisación se aúna cos sons preparados nos cartóns perforados nos que o autor escribe as melodías.

O zanfonista estará acompañado por Benxamín Otero no oboe e David J. Herrington na tuba e na trompeta neste espectáculo musical que se compón de preto dunha ducia de pezas.