Deputación de Lugo

ACTUALIZACIÓN DO COMUNICADO DA DEPUTACIÓN

Imaxe deputación de lugo
Complementando a información remitida esta mañá, a Deputación informa: A Policía Xudicial abandonou as dependencias provinciais ás 20:30 horas. Durante a tarde, recompilou información sobre outros asuntos, referentes ás unidades de Deportes, Fondos Europeos, Contratación e Persoal; todos eles baixo segredo de sumario. A Deputación é a primeira interesada en que se esclareza calquera tipo de dúbida sobre estes asuntos e brinda a máxima colaboración á xustiza.