Deputación de Lugo

O Pleno aproba os primeiros orzamentos participativos dunha Deputación en España

- “Son uns presupostos feitos cos lucenses e para os lucenses, que destinan 35 millóns ás prioridades que decidiron –emprego, infraestruturas e políticas sociais-, soben os investimentos nun 7% e avanzan cara a débeda cero”, subliñou a Deputada de Economía - “Puxémonos mans á obra dende o primeiro momento, sen esperar a xaneiro. Xa estamos cumprindo este mesmo ano coas peticións veciñais e seguirémolo facendo no 2015” - Este Goberno progresista “multiplicou por 370 os investimentos en emprego en 8 anos e os fondos para servizos sociais nun 90%, mentres a Xunta segue sen dotar de Radioterapia ao HULA. Feijóo está desaparecido na provincia”, destacou Pilar García Porto

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes os primeiros orzamentos participativos dun organismo provincial en España, que, segundo destacou durante o debate a Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, reúnen tres características: “son uns presupostos feitos cos lucenses e para os lucenses, que cumpren coas prioridades que marcaron 55.000 veciños ó destinar 35 millóns de euros para emprego, infraestruturas e políticas sociais; aumentan os investimentos e transferencias nun 7%, e reducen en 10 millóns a débeda para deixala a cero no 2016”.

García Porto subliñou que o Goberno provincial “escoitou aos veciños e puxémonos mans á obra dende o primeiro momento, sen esperar a xaneiro. Estamos cumprindo xa este mesmo co que nos pediron e seguirémolo facendo no 2015”.

O Orzamento aprobado hoxe no Pleno, de 89,4 millóns de euros, demostra, subliñou a Deputada, “que hai unha progresista clara, viable e solvente a unha dereita que non fai máis que recortar dereitos e servizos”.

A delegada de Economía destacou neste senso que o Goberno progresista da Deputación “multiplicou por 370 veces nos últimos 8 anos os investimentos en emprego e nun 90% os fondos para servizos sociais, mentres a Xunta segue sen dotar ao HULA de Radioterapia, Medicina Nuclear e Hemodinámica as 24 horas, entre outros servizos e infraestruturas. Feijóo está desaparecido na provincia”.

A Deputada explicou no Pleno como cumpre e seguirá cumprindo o organismo provincial no Orzamento 2015 coas peticións veciñais.

A Deputación cumpre cos veciños en emprego En decembro lanzará un novo plan de emprego de 5 millóns de euros para todos os concellos da provincia e no Orzamento do 2015 outros 6,6 millóns, tamén para todos os municipios. Mantén ao mesmo tempo os tres plans de emprego que hoxe están en marcha  con máis de 1.100 beneficiarios.

Creará  polo menos 80 novos postos traballo coa apertura do 1º centro público de recría de España e as 6 primeiras residencias e centros públicos da terceira idade, e seguirá impoñendo cláusulas sociais que blindan os dereitos dos traballadores.

Cumpre en infraestruturas

Se ben nos últimos anos, priorizou o emprego e os servizos sociais “ante os recortes e ineficacia das administracións coas competencias, nas contas da Deputación volven a cobrar forza agora os fondos para infraestruturas porque así nolo piden os veciños”, explicou García Porto.

 A Deputación reforzou xa este ano as partidas con 9,2 millóns de euros para infraestruturas e no Orzamento do 2015 suman 11,5 millóns.

A mellora das estradas Friol-Parga e Momán-As Pontes, o acceso ao Pazo de Tor e unha canalización de augas no Saviñao son só algunhas das peticións veciñais que vai a cumprir o Goberno provincial.

Cumpre en políticas sociais

“Non só en emprego temos que suplir á Xunta e ó Goberno central, tamén en políticas sociais. En 8 anos aumentamos un 90% os investimentos que facía o anterior goberno do PP en benestar social, ata alcanzar os 4,5 millóns do 2015”, subliñou a Deputada.

Ademais, abrirán 6 residencias e centros de día públicos para a terceira idade. Cumprindo coas peticións veciñais, a Deputación construirá varios campos de fútbol, instalacións deportivas e centros sociais, entre outras dotacións.

Destinará máis de 2,4 millóns á educación pública; 6,7 millóns a cultura e museos; e 3,8 millóns a Deportes, co que seguimos sendo a Deputación española que máis inviste en deporte por habitante e ano.

A responsable de Economía destacou que co actual Goberno provincial, a Deputación “viviu unha transformación impresionante, como demostran os feitos. Hoxe é unha institución moderna, transparente, eficaz, sensible ás demandas dos lucenses, tamén nos seus orzamentos, e que ademais xestiona ben os fondos públicos cunhas contas totalmente saneadas e estables”.

Soben os Gastos de Persoal pola apertura das residencias

015 pola posta en marcha de 6 residencias da terceira idade, despois de baixar 11 millóns de euros dende o 2007. Os Gastos Correntes baixan 1,4 millóns; as Transferencias Correntes aumentan un 14% ata os 10,1 millóns; e os Investimentos increméntanse 1 millón ata os 23,6 millóns. A débeda pasou dos 122 millóns de euros que deixou orzamentado no 2007 o Goberno do PP aos 12 cos que rematará o 2015. No 2016, o endebedamento quedará a cero.