Deputación de Lugo

A Deputación acondiciona o acceso ao albergue dos Ancares con xeo e neve ata os 3 metros

A Deputación acondiciona o acceso ao albergue dos Ancares, que acumula xeo e neve ata os 3 metros, coa previsión de acadar a normalidade nas próximas horas. Trátase do punto máis conflitivo da rede viaria provincial, que é a máis extensa de España, posto que se circula con normalidade nos restantes 4.200 quilómetros. Isto é froito do intenso traballo levado a cabo polo dispositivo da Deputación, composto por 102 operarios e 52 máquinas, que continúa activo. Están operativos as 24 horas para atender posibles solicitudes de axudas. Estas foron, nas últimas horas, por presenza de xeo nas calzadas, principalmente, en zonas sombra. A Deputación empregou máis de 1.500 toneladas de sal para garantir a seguridade nos viais.