Deputación de Lugo

A Deputación desprega na rede viaria provincial a máis de 100 operarios e 50 máquinas debido á alerta por neve

Imaxe deputación de lugo

A Deputación activou un dispositivo de máxima intensidade debido á alerta por neve e despregou na rede viaria provincial a 102 operarios e 52 máquinas para atender as posibles incidencias.

O dispositivo da organismo provincial distribúese nos seguintes municipios: A Fonsagrada, Navia de Suarna, Becerreá, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Samos, Cervantes, A Pobra do Brollón, Guitiriz, A Pontenova, Chantada, Carballedo, Baleira, Baralla, Castroverde, Riotorto, O Corgo, Vilalba, Xermade e Muras.