Deputación de Lugo

A Deputación esparexeu 140 toneladas de sal nas estradas provincias por neve e xeo 

- Fíxoo nas últimas 24 horas en vías, principalmente, da Montaña e do Sur lugués, onde continúa a actuar o dispositivo de 70 operarios e 40 máquinas - Despexan estradas de 15 Concellos con xeo e acumulacións de neve de entre 40 centímetros e ata 1 metro - Hai 35 estradas cortadas ao tráfico que quedarán abertas nas vindeiras horas sempre que as condicións climatolóxicas o permitan

A Deputación esparexeu 140 toneladas nas estradas provincias con motivo da neve e do xeo. Fíxoo nas últimas 24 horas, en vías, principalmente, da Montaña e do Sur lugués. O organismo provincial xa está a repoñer os 13 saleiros que ten distribuídos pola provincia, con capacidade para 35 toneladas de sal cada un.

70 operarios e 40 máquinas seguen a despexar os viales provinciais afectados polo temporal. Arestora, traballan nos 15 Concellos máis conflitivos, posto que hai estradas con xeo e acumulacións de neve de entre 40 centímetros e ata 1 metro. Son os municipios de Baleira, Folgoso do Courel, Cervantes, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Samos, Taboada e Triacastela.

Hai 35 vías cortadas nas que se está a actuar coa previsión de abrilas nas vindeiras horas sempre que as condicións climatolóxicas o permitan. Estas son as seguintes:

- En Baleira, LU-P-0401 de Corveira por Corneas a Restelo.
- En Folgoso do Courel, LU-P-1303 de Seoane por Visuña a Ferramulín; LU-P-4501 do Poio por Louzarela a Teixeira; e LU-P-5004 de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín.
- En Cervantes, LU-P-1401 da LU-723 por Degrada e Piornedo ao limite provincial; LU-P-1404 de San Román a Quindos; LU-P-1405 de Campa da Braña a Tres Obispos; LU-P-1411 de Vilanova ao Portelo; e LU-P-1412 de Quindos a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos.
- Na Fonsagrada, LU-P-1906 de Pedrafitelas por Vilares aos Cangos; e LU-P- 3601 de Acebo a Negueira de Muñiz
- No Incio, LU-P-2505 de Foilebar, por Lamarredonda a Aira Padrón; e LU-P-1306 da LU-651 en Megoxe a Herrería do Incio.
- En Navia de Suarna, LU-P-3501 da LU-722 por Paradela ao Alto do Restelo; LU-P- 3502 de Muñis a Rao; e LU-P-3508 de Rao por Murias a Balouta.
- En Negueira de Muñiz, LU-P-3601 de Acebo a Negueira de Muñiz; e LU-P-3602 do Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias.
- Nas Nogais, LU-P-3701 das Nogais, por Pintinidoira á 4504; e LU-P-4503 de San Pedro, por Busnullán e Vilasol a Nullán.
- En Pedrafita do Cebreiro, LU-P-4504 de Pedrafita ao Portelo; LU-P-4503 de San Pedro por Busnullán a Nullán; e LU-P-4505 de Louzarela por Queixadoiro a Filloval.
- Na Pobra do Brollón, LU-P-4701 da Pobra do Brollón, por Parada dos Montes, a Folgoso do Courel; e LU-P- 4707 da Pobra do Brollón, por Saa a Casela.
-En Quiroga, LU-P-5001 de Ponte Barreiro a Vilarbacú; e LU-P-5004 de Cruz de Outeiro, por Seara e Ferramulín ao límite provincial.
- En Ribas de Sil, LU-P-5301 de San Clodio ao alto De la Cruz de la Moa.
- En Samos, LU-P-5603 de Aira Padrón, por Ponte de Louzar a Praducelo; LU-P-5601 de Samos a Courel e Rampa Sta. Mariña; LU-P-1306 de Megoxe a Herrería do Incio; e LU-P-5605 de Parada, por Santalla a Ponte Louzara.
- En Taboada, LU-P-6001 de Taboada por Ada á LU-213.
- En Triacastela, LU-P-3702 das Nogais, por Nullán a Lamas; e LU-P-6201 de Triacastela, por Alto da Albela a Guilfrei.