Deputación de Lugo

Regina Polín manterá hoxe en Guitiriz un encontro cos participantes en Engurras Tic

Imaxe deputación de lugo
- É un dos programas gratuítos para lucenses maiores de 55 anos que fomenta o envellecemento activo a través do emprego das novas tecnoloxías. Engurras TIC chega a Guitiriz logo de estar en Monforte de Lemos, Ribeira de Piquín e Burela - Os alumnos farán fotografías, editaranas e compartiranas en redes sociais como Instagram. As imaxes exporanse no Telecentro de Guitiriz. As mellores formarán parte dun concurso, que se resolverá o 27 de febreiro

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, manterá hoxe en Guitiriz, concretamente, ás 18:30 horas no Telecentro, un encontro con veciños deste municipio que participan este mércores en Engurras TIC. É un dos programas gratuítos que a Deputación, a través da Fundación TIC, ofrece a maiores de 55 anos de toda a provincia co obxectivo de fomentar o envellecemento activo a través do emprego das novas tecnoloxías.

Farán fotografías con dispositivos tecnolóxicos como smartphones, tablets e ordenadores portátiles. Tamén as editarán e as compartirán en redes sociais como Instagram. As imaxes resultantes exporanse no local onde se imparte o obradoiro e as mellores formarán parte dun concurso, que se resolverá o 27 de febreiro. 

Engurras Tic chega esta tarde a Guitiriz logo de estar en Monforte de Lemos, Ribeira de Piquín e Burela. Esta programación enmárcanse no conxunto de actividades do Centro de Innovación Social Inlugo en impulso do benestar social, financiadas nun 80% con fondos da Unión Europea do proxecto tecnolóxico da Deputación InnovaTE