Encontro dos nenos e nenas do Sáhara coas súas familias de acollida
![Imaxe deputación de lugo](/sites/deputacionlugo.org/files/default_images/depulugo001.jpg)
25 SAHARAUIS CHEGARÁN MAÑÁ A LUGO PARA PASAR O VERÁN CON FAMILIAS LUCENSES Os cativos e as cativas virán acompañados polos responsables das delegacións de A Mariña, Monterroso, Sarria e Vilalba e serán recibidos polas súas familias de acollida e pola vicepresidenta segunda e responsable da Área de Benestar, Mari Teijeiro
Lugo, 5 de xullo de 2015.- Mañá, entre as 10:00 horas e as 12:30 horas, chegará a explanada da Deputación de Lugo un autobús con 25 nenos e nenas saharauís. É a primeira vez que os pequenos e pequenas serán recibidos diante dunha Institución.
Os cativos e cativas, que veñen a pasar os dous meses de verán con diferentes familias da provincia lucense, virán acompañados polos responsables das delegacións de A Mariña, Monterroso, Sarria e Vilalba e serán recibidos polas súas familias de acollida e pola deputada delegada da Área de Benestar, Igualdade e Xuventude da Deputación de Lugo, Mari Teijeiro.
Algúns dos pequenos e das pequenas repiten a experiencia e outros chegan por primeira vez.