Deputación de Lugo

Gómez Besteiro no último Pleno Provincial: “Fixemos que hoxe a Deputación sexa a Casa dos Concellos e de todos os cidadáns”

Imaxe deputación de lugo
- OPresidente en funcións felicitou a todos os Deputados “polo traballo levado acabo”, e a todos os funcionarios “que foron servidores públicos con maiúsculasda provincia de Lugo”- “Fixemosda Deputación unha institución útil, pegada ás necesidades dos lucenses e capazde reorientar as súas políticas en funcións delas, ben con plans de obrapública, ben con emprego, con participación cidadá, como os OrzamentosParticipativos”, subliñou- “Fomoscapaces de responder ás necesidades da provincia, mantendo a solvencia económica:hoxe temos débeda cero, cando a recibimos nós era de 122 millóns de euros”,salientou

O Presidente en funcións da Deputación de Lugo, JoséRamón Gómez Besteiro, felicitou este domingo durante a celebración do últimoPleno da actual Corporación Provincial a todos os seus integrantes polotraballo levado a cabo neste mandato. “Quero compartir os meus bos desexos deéxito para todos os Deputados, que tanto traballaron dende diferentes posiciónspolíticas, pero todos por e para a provincia, polo que é de agradecer”,subliñou.

Gómez Besteiro salientou que “é unha verdadeirasatisfacción que a Deputación de Lugo se teña convertido nestes últimos 8 anosnunha institución útil para os cidadáns. Síntome orgulloso da normalidadedemocrática coa que os lucenses empregan e gozan cada día dos servizos einstalacións públicas desta institución. É unha honra que hoxe a Deputaciónsexa a Casa dos Concellos, pero tamén a Casa de todos os lucenses. Fixemos daDeputación unha institución útil, pegada ás necesidades dos lucenses e capaz dereorientar as súas políticas en funcións delas, ben con plans de obra pública,ben con emprego, con participación cidadá, como os Orzamentos Participativos”.

“Fomos capaces de responder ás necesidades da provincia,mantendo a solvencia económica: hoxe temos débeda cero, cando a recibimos nósera de 122 millóns de euros. Isto permitirá á nova Corporación Provincialadquirir compromisos cos cidadáns sen estar limitados pola existencia dunhadébeda económica. Demostramos que este goberno progresista soubo gobernarmellor. E, ademais, estendemos esta responsabilidade económica ás empresas quetraballan coa administración grazas ás cláusulas sociais que blindan osdereitos dos traballadores”.

“Todo isto non sería posible sen os funcionarios etraballadores desta casa. Demostraron saber adaptarse aos novos tempos nos quecambiaron os horarios, nos que esta institución viviu unha revolucióntecnolóxica sen precedentes, nos que estreamos exitosos departamentos, como ode fondos europeos. Estou moi agradecido a todos e cada un deles, senexcepcións, porque foron servidores públicos con maiúsculas da provincia deLugo”, sentenciou.