Deputación de Lugo

A Deputación pecha ao tráfico por obras un treito da estrada 1910 na Fonsagrada ata finais de mes

Imaxe deputación de lugo
- O corte da vía, de Naraxa, por Vilar de Cuíña, á LU-702, producirase en torno ao p.k.13 para modificar o trazado da vía e mellorar a seguridade ampliando a superficie da calzada- Os traballos prolongaranse previsiblemente, ata finais deste mes. Os usuarios atoparán os desvíos debidamente sinalizados

A Deputación pechará temporalmente ao tráfico un treito da vía provincial LU-P-1910, que discorre entre Naraxa, por Vilar de Cuíña, á LU-702, no Concello da Fonsagrada, para levar a cabo labores de acondicionamento desta vía provincial.

O corte produciras a partires do punto quilométrico 13, para poder subsanar un afundimento na calzada. Os traballos consistirán no cambio de trazado da mesma, ampliando a superficie da estrada. Estas actuacións prolongaranse, previsiblemente, ata finais de mes, se as condicións climatolóxicas permiten o avance normal das obras.
Os usuarios desta vía atoparán os desvíos provisionais debidamente sinalizados.